Ata o 27 de abril poderás solicitar a bolsa do 100% do custe dun listado de microcredenciais adheridas ao Plan de desenvolvemento de Microcredenciais da Universidade de Vigo, grazas á subvención recibida da Xunta de Galicia con fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
O plan, que contaba cunha subvención do 70% para persoas entre 25 e 64 anos, conta agora con axudas do 100% para persoas que ademais sexan desempregadas, con discapacidade ou violencia de xénero acreditada. Consulta a convocatoria.
Lembra que tes ata o 27 de abril. Consulta o listado de microcredenciais adheridas.
