
{"id":149751,"date":"2023-09-15T08:37:38","date_gmt":"2023-09-15T06:37:38","guid":{"rendered":"https:\/\/eafp.uvigo.gal\/gl\/?p=149751"},"modified":"2023-09-18T08:47:40","modified_gmt":"2023-09-18T06:47:40","slug":"reigosa-cualifica-de-exito-moi-salientable-os-11-millons-de-euros-acadados-pola-uvigo-nas-axudas-do-ministerio-de-transportes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/es\/reigosa-cualifica-de-exito-moi-salientable-os-11-millons-de-euros-acadados-pola-uvigo-nas-axudas-do-ministerio-de-transportes\/","title":{"rendered":"Reigosa cualifica de \u201c\u00e9xito moi salientable\u201d os 1,1 mill\u00f3ns de euros acadados pola UVigo nas axudas do Ministerio de Transportes"},"content":{"rendered":"<h3>Con inscrici\u00f3n aberta, arrancar\u00e1n en outubro nos campus de Ourense e Vigo<\/h3>\n<p>A finais de agosto f\u00edxose p\u00fablico que Vigo era unha das 16 universidades espa\u00f1olas beneficiarias das axudas que conced\u00eda o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, con cargo a fondos europeos, para impartir\u00a0<a href=\"https:\/\/eafp.uvigo.gal\/gl\/\">formaci\u00f3n en materia de dixitalizaci\u00f3n e sustentabilidade no \u00e1mbito do transporte e a mobilidade<\/a>. Repart\u00edronse en total 9,9 mill\u00f3ns de euros, dos que a instituci\u00f3n acad\u00e9mica viguesa conseguiu 1,1 mill\u00f3ns, o que sup\u00f3n preto do 10% do orzamento total da convocatoria, un \u201c\u00e9xito moi salientable\u201d, tal e como explicou o reitor Manuel Reigosa nunha rolda de prensa, celebrada este xoves no edificio Redeiras, na que estivo acompa\u00f1ado polo vicerreitor de Titulaci\u00f3ns e Innovaci\u00f3n Docente, Alfonso Lago, e o vicerreitor do campus de Ourense, Javier Rodr\u00edguez Rajo, e que contou tam\u00e9n coa asistencia dos coordinadores dos cursos e dos responsables dos centros implicados.<\/p>\n<p>A resoluci\u00f3n das axudas asignou \u00e1 UVigo un total de 1.081.050 euros para organizar 21 acci\u00f3ns formativas \u201cque encaixan perfectamente no que queremos facer, as\u00ed como no paradigma da Declaraci\u00f3n de Lisboa e tam\u00e9n de Bolo\u00f1a, onde o grao de desenvolvemento xa \u00e9 total en grao, mestrado e doutoramento, pero onde a\u00ednda queda moito por avanzar en todo o que se refire \u00e1 formaci\u00f3n permanente ao longo da vida, tanto para os nosos egresados como para o conxunto da poboaci\u00f3n\u201d, salientou o reitor, quen fixo fincap\u00e9 na importancia de estar \u201cmoi atentos\u201d aos ventos que chegan de Europa e que, \u201cfalan precisamente diso, de formaci\u00f3n contin\u00faa e de partillar o co\u00f1ecemento\u201d. Reigosa relacionou tam\u00e9n este \u00e9xito coa capacidade que te\u00f1en as diferentes escolas e facultades e o seu profesorado en cousas que est\u00e1n directamente vinculadas co avance da sociedade europea no seu conxunto, entre elas a dixitalizaci\u00f3n, e todo aquilo que ten que ver co transporte, a lox\u00edstica e a mobilidade. \u201cNon hai m\u00e1is que celebrar esta consecuci\u00f3n e que sexamos quen de axudar a formar unha sociedade m\u00e1is competitiva e tam\u00e9n m\u00e1is pr\u00f3spera\u201d, recalcou o reitor.<\/p>\n<p style=\"text-align: right;\"><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/reigosa-cualifica-exito-moi-salientable-os-11-millons-euros-acadados-uvigo-axudas-ministerio\"><strong>Ler a nova completa no Duvi.<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Con inscrici\u00f3n aberta, arrancar\u00e1n en outubro nos campus de Ourense e Vigo A finais de agosto f\u00edxose p\u00fablico que Vigo era unha das 16 universidades &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/es\/reigosa-cualifica-de-exito-moi-salientable-os-11-millons-de-euros-acadados-pola-uvigo-nas-axudas-do-ministerio-de-transportes\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":13,"featured_media":149752,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[232,230,231],"class_list":["post-149751","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi","tag-formacion-gratuita","tag-ministerio-transportes","tag-transportes"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/149751","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/13"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=149751"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/149751\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/149752"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=149751"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=149751"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=149751"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}