Curso de formación do PDI
Ámbito: TecnolóxicoCódigo: PFPPMO421
Inicio e fin
14/06/2021 – 16/07/2021
Modalidade
Virtual
Duración
horas
Campus
Vigo
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021. O uso das aulas virtuales constitúe un importante recurso de apoio á docencia presencial, semipresencial ou en liña, sendo o espazo a través do que o profesorado deseña a súa docencia, facilita materiais e actividades ao seu alumnado ademais de comunicarse e realizar avaliacións. Este MOOC aborda cuestións avanzadas sobre a configuración e xestión dun aula virtual para uso docente.
Director/a académico
Área de Formación e Innovación Educativa
|
Entidade organizadora
Escola Aberta de Formación Permanente
Edificio Ernestina Otero, 3º andar
Período de matrícula:
19/05/2021 – 07/06/2021
Modalidade
Docencia presencial/virtual
12 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
(1) Docencia presencial/virtual
(2) Docencia non presencial
Lugar de impartición
Moovi e Campus remoto (titorías).
Prezos
Comunidade UVigo | Alumni UVigo | Público en xeral |
---|---|---|
0,00 € | 0,00 € | 0,00 € |
Obxectivos
Acadar coñecementos avanzados no emprego de Moodle para o uso docente:
- Empregar métodos de cualificación avanzada (rúbricas, guías de avaliación).
- Usar a ferramenta de detección de plaxio Turnitin, integrada en Moodle.
- Facer exames con cuestionarios, tanto en liña como na aula, empregando ferramentas avanzadas como Offline Quiz e Safe Exam Browser.
- Analizar as posibilidades e ferramentas que ofrece Moodle para implantar gamificación nunha materia a través da aula virtual.
Destinatarios
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Calendario
Desenvolverase de forma síncrona do 14 de xuño ao 16 de xullo a través da plataforma Moovi.
O curso inclúe dúas horas semanais de titorías síncronas que se desenvolverán os xoves: 24 de xuño, 1, 8 e 15 de xullo de 10 a 12 horas a través do Campus remoto.
O seguimento das titorías será voluntario.
Programa
1. Avaliación en Moodle: Rübricas, guías de corrección e avaliación do grupo. – Rúbricas. – Guías de corrección. – Avaliación do grupo.
2. Emprego de Moodle como ferramenta de detección de plaxio: Turnitin.
3. Exames con cuestionarios: – Offlines Quiz. – Safe Exam Browser.
4. Gamificación con Moodle.
Profesorado
Ingeniero informático
Responsable de Investigación y Concienciación
ESET
Responsable de Investigación y Concienciación de ESET España. Profesional con más de 15 años de experiencia en el mundo de la ciberseguridad y especializado en el análisis de malware. Editor en el blog de ESET España y colaborador en el blog internacional de ESET en español, WeLiveSecurity, además de otras múltiples publicaciones. Ha sido ponente en algunas de las conferencias de seguridad más importantes de España. Además, es profesor de cursos para expertos en seguridad y derecho tecnológico, y congresos sobre ciberseguridad organizados por varias universidades españolas.
Sistema de avaliación
Obtención dunha cualificación igual ou maior ao 80% no cuestionario sobre os contidos aprendidos nos vídeos do curso.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo.
O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.