Grupo de Innovación Docente
Descrición
A bioloxía do século XXI require novas competencias relacionadas co desenvolvemento de novas técnicas ómicas, coa análise das grandes cantidades de datos producidas polas mesmas ou tamén ao manexo de ferramentas TIC para investigación, entre outras. Xorde a necesidade de novos modelos de educación universitaria que contribúan á formación dos profesionais desta nova bioloxía. Os membros do grupo levamos anos involucrados na innovación docente tanto aspectos metodolóxicos na aula presencial, como en aplicacións dixitais para a docencia, formación e investigación docente.
Páxina web
Obxectivos
- Crear recursos docentes en liña e abertos (licenzas “ creative common by- nc- sa”) que faciliten a aprendizaxe autónoma dos alumnos de bioloxía.
- Desenvolver actividades para fomentar o ensino e estudo da evolución.
- Plataformas e ferramentas TIC para docencia da bioloxía da célula, histología e microscopía electrónica, así como técnicas de bioloxía molecular e bioinformática.
- Podcasts ( audiocaps).
- Dirixir traballos fin de grao relacionados co uso da bioinformática e a innovación docente.
Resultados
- Atlas de Histoloxía da Universidade de Vigo (http://mmegias.webs.uvigo.es/inicio.html).
- Sitio web para a divulgación da teoría evolutiva (http://evolucion.webs7.uvigo.es/).
- Conferencias e actividades STEM e STEMBach.
Participantes
- Manuel Megías Pacheco.
- Paloma Morán Martínez.
- Diana Valverde Pérez.