Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

DESIRE está orientado a fomentar o traballo en equipo e a innovación no estudiantado mediante unha combinación innovadora de metodoloxías adaptadas ás demandas actuais do mercado de traballo. Mediante o uso dunha combinación de Design Thinking, aprendizaxe baseada en problemas, e un enfoque multidisciplinar, contribuiremos a superar a actitude actual do estudiantado fronte á aprendizaxe cara a unha actitude activa de exploración e descubrimento baseado nas persoas e orientada á solución crítica de problemas do mundo real.

 

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Investigar sobre a aplicación de Design Thinking, Lean, Agile e os instrumentos e técnicas asociados á práctica docente.
  • Identificar novos enfoques e métodos de aprendizaxe baseados en Design Thinking.
  • Promover a colaboración multidisciplinar entre o profesorado da Universidade de Vigo para o desenvolvemento das metodoloxías Design Thinking, Lean e Agile.

 

Resultados

  • O Pensadoiro, un espazo físico orientado a facilitar o traballo en equipo aplicando técnicas e instrumentos Design Thinking.
  • Un centro de recursos en liña sobre Design Thinking, Lean e Agile, en continua actualización, dirixido ao estudantado e profesorado da Universidade de Vigo.
  • Guías docentes de cursos baseados en Design Thinking e sobre Design Thinking, dirixidos a estudantes de primeiros cursos de grao.
  • Manuais e separatas sobre Design Thinking e tecnoloxías relacionadas, distribuídas baixo licenza Creative Commons.

 

Participantes

  • Manuel Caeiro Rodríguez.
  • Enrique Costa Montenegro.
  • Íñigo Cuíñas Gómez.
  • Francisco Javier Diz Otero.
  • Itziar Goicoechea Castaño.
  • Perfecto Mariño Espiñeira.