Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

A xeración do GID Divulgatia xorde da necesidade de establecer un marco de referencia na Uvigo para a elaboración de cursos MOOC e materiais audiovisuais de carácter docente e divulgativo, orientados á docencia universitaria no ámbito científico-tecnolóxico e cursos pre-universitarios. Este grupo de docentes veñen colaborando activamente dende hai anos no desenvolvemento de este tipo de recursos que se atopan a disposición da comunidade educativa na web do grupo Novos Materiais e na canle Divulgatia de YouTube.

 

Coordinador/a

Pío Manuel González Fernández

986 130 160 | pglez@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Consolidar a liña de traballo na elaboración de recursos didácticos audiovisuais no ámbito científico-tecnolóxico.
  • Elaborar novos contidos en formato MOOC para fortalecer a formación online.
  • Difundir resultados da investigación científica do grupo Novos Materiais mediante documentais ou pílulas audiovisuais.

 

Resultados

  • Elaborar un curso MOOC sobre “Física experimental” orientado aos primeiros cursos de grao do ámbito das enxeñerías. Está previsto finalizar os contidos nos próximos dous meses e realizar unha primeira edición ao inicio do 1º cuadrimestre.
  • Nova edición do curso MOOC “Biomateriales: del concepto a la clínica” que se desenvolverá durante un mes no segundo cuadrimestre.

Participantes

  • Julia Serra Rodríguez.
  • Paulino Pérez Feijóo.
  • Stefano Chiussi.