Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

Este Grupo de Innovación Docente (GID) xorde da necesidade de establecer unha estrutura de traballo estable de profesorado universitario que ten como finalidade desenvolver accións dirixidas á formación, innovación e renovación do modelo educativo en relación coa Educación Patrimonial. Ao mesmo tempo, responde á idea de xerar un marco idóneo para impulsar o traballo cooperativo entre docentes de diferentes centros, ámbitos disciplinares e contextos educativos, que comparten obxectivos comúns.

 

Coordinador/a

Beatriz Comendador Rey
988 387 141 | gidep@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Defender a educación patrimonial como unha peza clave na protección e xestión patrimonial.
  • Facer visibles e difundir as accións en educación patrimonial e a transferencia de coñecemento no ámbito das Artes e Humanidades e a súa rendibilidade cultural, identitaria e social e para a promoción da igualdade de xénero.
  • Xerar impacto nos medios de comunicación, redes sociais e outros medios virtuais na formación patrimonial da sociedade, afondando nas posibilidades de localización, intercambio, debate e difusión que permiten as tecnoloxías da información e comunicación (construción de sistemas diversos e para distintos contornos: web, móbil etc.).
  • Contribuír á formación de educadores/as, xestores/as e axentes (transferencia).
  • Promover a investigación en educación patrimonial e innovación na didáctica do patrimonio, conectada tamén aos niveis dos futuros universitarios.

 

Participantes