Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

As persoas que integramos o equipo LINKTERPRETING levamos anos traballando conxuntamente en proxectos de distinta natureza que inclúen sempre un compoñente de formación desde a perspectiva de dereitos humanos e de xénero.
Entre os diferentes proxectos realizados cabe destacar a plataforma Linkterpreting de recursos didácticos para a interpretación de enlace, que foi creada en 2012 e que utilizan moitísimas persoas e institucións en todo o mundo, por exemplo a Universidade de Gante (Bélxica) ISIT (París, Francia), a Universidad de La Habana (Cuba), etc.

Outros proxectos realizados polo equipo e que inclúen formación e innovación docente son: Speak Out for Support (SOS-VICS) financiado polo programa Xustiza Penal da UE co obxectivo de crear materiais de formación para intérpretes e outros proveedores de servizos que asisten a vítimas estranxeiras; Mediación Lingüística para a Cooperación ao Dessenvolvemento (MELINCO) e JUSTISIGNS2.

 

Coordinador/a

Maribel del Pozo Triviño

653 226 489 | mdelpozo@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • Consolidar a línea de innovación docente do equipo e visibilizalo.
  • Consolidar un equipo interdisciplinario cara a afondar na dimensión situada da docencia.
  • Constituír un equipo entre diferentes universidades a prol do intercambio de experiencias, e consolidación de redes de debate.
  • Mellorar as nosas metodoloxías docentes respecto á práctica profesional (real).
  • Afondar na proxección e alcance docente entre alumnado nacional e internacional.

 

Resultados

  • Creación de novos materiais multilingües para a plataforma Linkterpreting (entre setembro de 2021 e xullo de 2022).
  • Creación e impartición dun curso para intérpretes sobre o traballo con vítimas da violencia de xénero xordas, migrantes e solicitantes de asilo (entre xaneiro e maio de 2022).
  • Creación e impartición dun curso para axentes dos diferentes eidos sobre o traballo con intérpretes en entrevistas con vítimas da violencia de xénero xordas, migrantes e solicitantes de asilo (entre xaneiro e maio de 2022).
  • Impartición do curso deseñado e xa impartido en Galicia polo equipo, no seo do proxecto MELINCO a ONGD fóra de Galicia sobre interpretación en contextos de cooperación ao desenvolvemento (entre setembro 2021 e xullo de 2022).
  • Publicación dun artigo en inglés sobre a formación impartida polo proxecto MELINCO nunha revista de ámbito internacional.

Participantes

  • Carmen Cabeza Pereiro.
  • David Casado Neira.
  • Doris Fernandes del Pozo.
  • Elisa Gómez López.
  • Rut Guinarte Mencía.
  • Silvia Pérez Freire.
  • Anabel Borja Albi (colaboradora doutra universidade).
  • Juan Miguel Ortega Herráez (colaborador doutra universidade).
  • Luzía Oca González (colaboradora doutra universidade).
  • Renée DePalma Ungaro (colaborador doutra universidade).
  • Ana María Pérez Fernández ( colaboradora doutra universidade).
  • Mª Isabel Abril Martí (colaboradora doutra universidade).