Grupo de Innovación Docente

 

Descrición

Busca que o alumnado sexa quen da elaboración de maquetas electromecánicas na súa casa.

 

Coordinador/a

Julio Garrido Campos

986 812 610 | jgarri@uvigo.es

Páxina web

Web do GID

 

Obxectivos

  • O principal obxectivo que se pretende é desenvolver o concepto de laboratorio mecatrónico portable: laboratorio en casa. O medio de alcanzalo é utilizar material de construción LEGO Technick (ou similares) para que os propios alumnos e alumnas constrúan a maqueta electromecánica en casa, e desenvolver a súa automatización con dispositivos electrónicos (Arduino, PLC industrial etc).
  • Outro obxectivo é reducir a barreira comunmente existente entre a visión “mecánica” dos procesos ou máquinas, e a visión “de control automático”. Preséntase tanto a mecánica como os equipos automáticos e electrónicos nun formato manexable e doméstico; exento de perigos, mais, non por isto sen contar coas características construtivas e funcionais similares aos equivalentes industriais. Isto permite experimentar tanto en mecánica con control “sen medo”, “sen riscos” e dun xeito lúdico.
  • Por último, preténdese motivar ao alumnado a través do traballo práctico e innovador e permitir que afonden sen temor en aspectos de enxeñaría preconcibida e receosa.

 

Participantes

  • José Ignacio Armesto Quiroga.
  • Ángel Manuel Espada Seoane.
  • Juan Sáez López.
  • David Santos Esterán