Grupo de Innovación Docente
Descrición
O eixo temático serán os Obxectivos do Desenvolvemento Sostible 2030 nas cidades. Así, por exemplo trataráse de analizar e logo dar solución a cuestións como:
- Medidas para o mellor estado de conservación dos bens de patrimonio cultural.
- Como facer un mellor uso e ter unha mellor información sobre os alimentos.
- Coñecer os dereitos como cidadán e presentar un recurso na Administración Pública.
- Coñecer as cuestións máis importantes a ter en conta sobre a protección de datos na contorna das cidades.
- Resolver problemas a través da mediación.
- Estragos habituais no medio ambiente etc.
Páxina web
Obxectivos
- Entender a acción pedagóxica como aprendizaxe, facendo servizo á comunidade, unha práctica transformadora con dimensión política, orientada á formación, á xustiza, á igualdade de oportunidades.
- Empoderar ás persoas para exercer unha cidadanía activa e responsable e polo tanto axentes de cambio.
- Contribuir a xerar unha cultura máis cooperativa, interdisciplinaria, crítica.
Resultados
- Se persigue (como xa se fixo na primeira anualidade) a consecución de resultados, a súa medición, análise, etc para publicacións de impacto que permitan visibilizar estas accións. A súa divulgación (participación en congresos, organización de xornadas, publicacións, plataformas como OCW, EDX, COURSERA, CEA) permitirá dar a coñecer estas experiencias a outros docentes da nosa e doutras Universidades, e visibilizará o papel da ensinanza superior. Por ende, terá impacto na mellora de calidade na docencia.
Participantes
- Julia Armesto González.
- Hermes de Andrade Júnior.
- Ana Isabel del Valle Couto.
- Francisca Fariña Rivera.
- Gonzalo Luis Pedrido Rey.
- Manuel Pérez Cota.
- José Santiago Pozo Antonio.
- Susana Reboreda Morillo.
- África Rodríguez García.
- Joaquín Sueiro Justel.
- Francisco José Torres Pérez.
- Sara Louredo Casado.