Especialista en Edición. A cadea do libro: deseñar, executar e resolver proxectos editoriais

Especialista

Ámbito: Historia, arqueoloxía, xeografía, filosofía e humanidadesCódigo: TCS:1026/2
Área de interese principal: Arte e humanidades | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

18/10/2023 – 27/06/2024

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

32.0 ECTS

Estado

En curso

25 prazas

 

Descrición

O título divídese en cinco materias que seguen todas as fases da cadea de valor do libro. Logo dunha introdución ao sector da edición en Galicia e aos perfís profesionais que se dan neste mercado, o estudantado irá coñecendo unha a unha as diferentes fases da cadea de produción dun libro, dende a concepción dos contidos e o deseño do libro como obxecto, até a xestión de dereitos e equipos de traballo, pasando pola corrección dos textos e das probas de imprenta, así como a comercialización e comunicación do produto.
A docencia combina teoría e práctica. Esta última realízase a partir de textos e proxectos reais de editoras profesionais que están no mercado galego.

Folleto do curso

 

Director/a:

Ana Luna Alonso

Teléfono contacto:

986812064

Email contacto:

aluna@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Escuela Abierta de Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
01/06/2023 – 02/10/2023


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
17/07/2023 – 11/10/2023

Matrícula pechada

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

240 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Facultade de Filoloxía e Tradución

 

Horario

Mércores e xoves, de 16:00 a 20:00.
Cada semana, as sesións serán de dous módulos distintos a fin de facilitar ao alumnado a elaboración de tarefas dunha semana para a seguinte.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
1400 € 1260 € 1190 €

Observacións aos prezos

Persoas en situación de desemprego ou con discapacidade: 1190,00 €

Subir documentación á aplicación no prazo de matrícula (instrucións)

 

Obxectivos

  • Formar o alumnado na edición de libros e outros materiais afíns, tanto en formato impreso coma dixital, para ofrecer servizos editoriais profesionais.
  • Capacitar o alumnado para a toma de decisións motivada e xustificada en calquera das tarefas relacionadas coa edición.
  • Dotar o alumnado das competencias necesarias para incorporarse ao mundo laboral no sector editorial.
  • Formar o alumnado na xestión de equipos de distintos profesionais (ilustración, tradución, autoría…) segundo as características de cada proxecto editorial. 
  • Capacitar o alumnado para facer escollas adecuadas de deseño editorial e impresión atendendo ás características de cada proxecto de edición.
  • Crear no alumnado unha motivación pola calidade e a profesionalidade.
  • Proporcionar ao alumnado ferramentas para o emprendemento no sector do libro.
  • Dotar o alumnado de coñecementos sobre a relevancia do sector do libro, en particular, nas industras culturais en Galicia e destas en xeral.

 

Destinatarios

  • Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue o acceso a ensinos oficiais de posgrao.
  • Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
    En ambos os casos, calquera titulación, preferentemente da área de Humanidades, ben que para o ingreso tamén se valorarán aquelas persoas que, tendo un perfil doutra área, demostren a idoneidade mediante formación específica ou experiencia profesional.
  • Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES.
  • Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente. O acceso por esta vía debe ser autorizada pola Comisión de Estudos Propios co informe previo da dirección académica do título.

 

Saídas Profesionais

O título propio de Especialista en Edición ten como obxectivo que o alumnado adquira as competencias profesionais necesarias que lle permitan incorporarse ao mundo laboral por conta propia ou allea, tanto para traballar nunha ou para unha editorial, coma para prestar servizos editoriais a outras entidades que poden incorporar entre as súas actividades a edición, como por exemplo, museos, servizos de publicacións, institucións públicas, etc.

 

Idioma

Galego

 

Competencias Específicas

  • Coñecer os diferentes elos da cadea de valor do libro.
  • Coñecer as características do sector editorial galego.
  • Saber xestionar un proxecto editorial.
  • Saber coordinar un equipo formado por diferentes profesionais do eido da edición.
  • Ser capaz de avaliar a calidade dunha publicación e dun catálogo editorial.
  • Coñecer en que consiste a composición de libros e saber executala.
  • Coñecer as características e funcionamento das artes gráficas.
  • Dominar os recursos e estratexias de marketing precisas para a comunicación dun produto editorial.
  • Saber corrixir textos e documentos destinados á publicación.
  • Saber calcular os tempos e custos precisos para desenvolver correctamente un proxecto de edición tanto en papel coma dixital.
  • Saber tomar decisións axeitadas nas escollas da execución material da publicación.

 

Competencias Transversais

  • Comprender a importancia estratéxica do sector do libro na economía galega.
  • Coñecer as dinámicas das industrias culturais en Galicia.
  • Coñecer formas de emprendemento dentro da economía social.

 

Condicións de acceso

1) Titulacións universitarias:

  • Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES que outorgue ou acceso a ensinos oficiais de posgraduado.
  • Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
    En ambos os casos, calquera titulación, preferentemente da área de Humanidades, ben que para o ingreso tamén se valorarán aquelas persoas que, tendo un perfil doutra área, demostren a idoneidade mediante formación específica ou experiencia profesional.

2) Estudantado universitario:

  • Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES

3) Profesionais:

  • Ser profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade de acordo con a normativa vixente. Ou acceso por esta vía debe ser autorizada pola Comisión de Estudos Propios co informe previo da dirección académica do título.

DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:

  1. Título ou títulos académicos de nivel superior, ou título que acredite ter superados 120 créditos ECTS dunha titulación universitaria oficial dentro do EEES
  2. Expediente académico
  3. Certificados de formación específica
  4. Documentos que acrediten a experiencia profesional relacionada
  5. Acreditación dos coñecementos de lingua galega
  6. Carta de motivación

 

Criterios de selección

  1. Titulación de acceso: 15%
  2. Nota media do expediente académico: 15%
  3. Formación específica 15%
  4. Experiencia profesional relacionada: 15%
  5. Competencia en lingua galega: 15%
  6. Carta de motivación: 15%

 

Materias

id nome caracter créditos
200115 El sector del libro y de la edición en Galicia Obligatoria 5.0
200116 Producción editorial Obligatoria 8.0
200117 Diseño editorial Obligatoria 8.0
200118 Corrección de textos y documentos Obligatoria 4.0
200119 Comercialización y comunicación Obligatoria 5.0
200120 Trabajo de fin de título Obligatoria 2.0

 

Profesorado

  • Ana Luna Alonso: profesora titular de Tradución da UVigo, integrante do grupo de investigación Bitraga e especialista en políticas editoriais de tradución.
  • Cibrán Rico López e Suso Vázquez Gómez: licenciados en Arquitectura pola ETSA da Universidade da Coruña, integran o estudio de deseño Desescribir, cuxos traballos acadaron múltiples premios nacionais e internacionais. En 2012 fundan Fabulatorio, editora especializada en proxectos de arte, deseño e cultura visual…
  • Isidro Dozo Valladares: licenciado en Publicidade e Comunicación pola UVigo, con máis de 20 anos de experiencia. En 2016 cofunda Catro Ventos Editora (Premio Galego aos Valores Cooperativos en 2021)
  • Laura Sáez: licenciatura en Tradución e mestrado en Edición da USC. É editora, tradutora, escritora e, como editora, fundou e dirixe a editorial PatasdePeixe.
  • Patricia Buján Otero: profesora asociada de Tradución, integrante do grupo de investigación Bitraga, tradutora, correctora e editora (Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega)
  • Xosé Antón González Serén: licenciatura en Historia e mestrado en Edición de Libros da Universidade de Salamanca. Conta con 20 anos de experiencia profesional na edición (entre outros, Obradoiro-Santillana, Através Editora)

 

Avaliación

A avaliación comprende a avaliación por materia e a avaliación xeral do curso.

A avaliación por materia consistirá na avaliación da propia participación activa na clase e na elaboración dunha tarefa final coas distintas prácticas elaboradas durante a materia.

A avaliación xeral do curso consistirá na avaliación do portafolio elaborado pola/o estudante con cada unha das tarefas finais de materia.

O alumnado disporá de dúas oportunidades de avaliación por materia.

Para acadar o título, a/o estudante deberá superar cada unha das avaliacións da materia e a avaliación final.

No caso de non superar o ensino do título propio, o estudantado poderá solicitar un certificado de asistencia tras xustificar a súa necesidade. Neste certificado faranse constar as materias superadas e non-superadas.

 

Titulación

Especialista en Edición