
{"id":301199,"date":"2026-04-14T14:20:52","date_gmt":"2026-04-14T12:20:52","guid":{"rendered":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/?p=301199"},"modified":"2026-04-29T14:22:39","modified_gmt":"2026-04-29T12:22:39","slug":"volven-as-mareas-do-conecemento-aos-concellos-de-pontevedra-e-ourense","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/volven-as-mareas-do-conecemento-aos-concellos-de-pontevedra-e-ourense\/","title":{"rendered":"Volven as Mareas do Co\u00f1ecemento aos concellos de Pontevedra e Ourense"},"content":{"rendered":"<p>As Mareas do Co\u00f1ecemento da Universidade de Vigo volven percorrer Galicia co obxectivo de achegar o saber cient\u00edfico, art\u00edstico e tecnol\u00f3xico \u00e1 poboaci\u00f3n s\u00e9nior.<\/p>\n<p>Esta iniciativa consolida o compromiso da instituci\u00f3n coa formaci\u00f3n permanente, levando a excelencia acad\u00e9mica m\u00e1is al\u00f3 dos campus e adaptando a s\u00faa oferta \u00e1s necesidades de cada comarca en Pontevedra e Ourense. Este proxecto itinerante de formaci\u00f3n universitaria que naceu ao abeiro do Programa de Maiores da Universidade de Vigo, oferta programas espec\u00edficos para cada concello das diferentes comarcas das provincias de Pontevedra e Ourense.<\/p>\n<p>Nesta edici\u00f3n, o programa experimenta un notable incremento no n\u00famero de vilas participantes ao incorporar cinco novos concellos, acadando as\u00ed un total de once sedes. Os municipios que forman parte son Allariz, Barro, Cambados, Catoira, Covelo, Celanova, Lal\u00edn, Moa\u00f1a, Poio, O Rosal e Soutomaior.<\/p>\n<p>As actividades arrancaron precisamente o pasado 13 de abril no concello de Covelo, dando comezo a este novo ciclo formativo que busca achegar a universidade \u00e1 contorna rural de Galicia.<br \/>\nO programa, que se desenvolve gracias ao impulso da Universidade de Vigo e conta cunha subvenci\u00f3n da Conseller\u00eda de Pol\u00edtica Social e Igualdade, xurdiu no marco da Rede Galega de Programas Universitarios para Maiores en 2018 co fin de afrontar dende o eido universitario os retos do envellecemento da poboaci\u00f3n e acadar obxectivos com\u00fans na aprendizaxe ao longo da vida. Deste xeito, tr\u00e1tase de dese\u00f1ar e organizar actividades formativas e de extensi\u00f3n cultural destinadas \u00e1s persoas que, por motivos xeogr\u00e1ficos ou econ\u00f3micos, non poden asistir aos Programas Universitarios para Maiores nas sedes oficiais dos tres campus.<\/p>\n<p>Os seminarios ofertados incl\u00faen contidos transversais sobre arte e historia que po\u00f1en o foco no patrimonio local, centr\u00e1ndose no patrimonio do propio concello, catedral de Ourense, casco antigo de Allariz, etc. Ademais, na maior\u00eda dos casos incorp\u00f3ranse aspectos tecnol\u00f3xicos sobre a Intelixencia Artificial ou a protecci\u00f3n fronte as estafas e timos con base tecnol\u00f3xica. Tam\u00e9n se abordan cuesti\u00f3ns econ\u00f3micas sobre materias fiscais e impostos, para aqueles concellos que as\u00ed o pediron. Finalmente, outro gran bloque de seminarios relacionase co envellecemento saudable, con contidos sobre sa\u00fade f\u00edsica como a prevenci\u00f3n das ca\u00eddas, as reacci\u00f3ns en caso de urxencia m\u00e9dica, a realizaci\u00f3n de exercicio como pilates para a mellora das sa\u00fade; e contidos relacionados coa sa\u00fade mental, abordando a intelixencia emocional, o mantemento dunha mente saudable.<\/p>\n<p>Co precedente do \u00e9xito de participaci\u00f3n de anos anteriores, onde se acadaron medias de ata 35 persoas por sesi\u00f3n, o programa estenderase durante os meses de maio e xu\u00f1o por todo o territorio previsto. O peche desta edici\u00f3n ter\u00e1 lugar en O Rosal a principios de xu\u00f1o, cunha xornada final centrada nos retos e capacidades da Intelixencia Artificial.<br \/>\nDeste xeito, as Mareas do Co\u00f1ecemento celebran oito anos de traxectoria, reafirm\u00e1ndose como unha vent\u00e1 aberta ao saber e unha mostra do que a Universidade de Vigo pode ofertar aos maiores da s\u00faa contorna.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As Mareas do Co\u00f1ecemento da Universidade de Vigo volven percorrer Galicia co obxectivo de achegar o saber cient\u00edfico, art\u00edstico e tecnol\u00f3xico \u00e1 poboaci\u00f3n s\u00e9nior. Esta &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/volven-as-mareas-do-conecemento-aos-concellos-de-pontevedra-e-ourense\/\">Continuar<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":13,"featured_media":301200,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[193],"tags":[],"class_list":["post-301199","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-pum"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/301199","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/13"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=301199"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/301199\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":301203,"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/301199\/revisions\/301203"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/301200"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=301199"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=301199"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/cpfp.uvigo.gal\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=301199"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}