A profesora Carmen María Abreu estréase como coordinadora do PUM.
Despois de dous anos nos que a covid-19 condicionou significativamente a vida académica, especialmente para o alumando sénior, o Programa Universitario para Maiores arranca un novo curso coa ilusión e ledicia de recuperar a normalidade e poder retomar todas as actividades formativas e culturais. A sede de Torrecedeira da Escola de Enxeñería Industrial acolleu este xoves o acto de apertura do curso 2022/2023 do PUM, no que participaron o vicerreitor de Profesorado, Docencia e Titulacións, Alfonso Lago; a directora da Escola Aberta de Formación Permanente, María José Moure; a coordinadora do Programa Universitario para Maiores, Carmen María Abreu; a xefa territorial da Consellería de Política Social en Vigo, Mª José Pérez-Izaguirre e a profesora Marisa Castro, ex coordinadora do PUM.
En total, neste curso o PUM conta con 415 alumnos, dos cales 351 forman parte do ciclo intensivo universitario en Cultura e Sociedade, mentres que outros 64 xa superaron esta primeira etapa e cursan o ciclo integrado universitario superior sénior. Atendendo á distribución por campus, Vigo é o máis numeroso, con 232 estudantes sénior, seguido de Ourense con 94 e 89 en Pontevedra.
Seis anos para completar a formación
O Programa para Maiores, que forma parte da oferta académica da Escola Aberta de Formación Permanente da Universidade de Vigo, está aberto a…
Nova convocatoria de bolsas Santander Open Academy
Nova edición da Xornada Interuniversitaria de Innovación Docente, XIGAID
