Centrado na información xeoespacial, será unha das cinco novidades do 2023/2024
O Campus Aberto engloba toda a formación permanente da Universidade de Vigo, un catálogo que inclúe dende mestrados propios e títulos de especialista ata cursos de curta duración para persoas con ou sen titulación universitaria. En total, para o primeiro cuadrimestre do próximo curso ofértanse 13 programas formativos que nacen das demandas sociais e da colaboración con empresas e entidades externas, xa que boa parte dos títulos contan coa participación de profesionais experimentados e de recoñecido prestixio que achegan valor engadido á formación e unha visión global da empresa.
Entre as principais novidades para o curso 2023/2024 está a posta en marcha do primeiro mestrado dual que se imparte nunha universidade pública en España, o Máster dual de formación permanente en información xeoespacial que se desenvolverá en colaboración con Telespazio Ibérica, empresa coordinadora do proxecto GEOSUB. Outras das novidades que arrancarán o próximo ano académico son o Curso de especialista en industria musical, o Curso de especialista en edición, o Curso de experto en inglés xurídico e o Curso de formación universitaria en proteccións eléctricas en subestacións.
O prazo de matrícula para todos eles está aberto dende hoxe luns e ata o vindeiro 11 de setembro, aínda que esta oferta irase ampliando periodicamente con novos cursos de curta duración e tamén con microcredenciais. Este tipo de formación que comezará a ofrecer a Escola Aberta de Formación Permanente o vindeiro curso estará destinada a estudantado con ou sen titulación universitaria previa e permitirá…
