A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

O prazo de inscrición xa está aberto

A Universidade de Vigo, a través do seu Centro de Posgrao e Formación Permanente e desde a Facultade de Ciencias, porá en marcha o vindeiro curso académico 2025/2026 un título propio de Experto/a en Auga, Termalismo e Saúde. Nel ofrécese “unha formación integral sobre os beneficios terapéuticos e cosméticos da auga mineral-medicinal e termal”. A iniciativa realízase ao abeiro do Campus Auga, o proxecto de especialización do campus de Ourense acreditado e financiado pola Xunta de Galicia. O primeiro período de inscrición xa está aberto para as persoas interesadas.

Desde a xeoloxía e microbioloxía á dermocosmética

Este curso de formación permanente, dirixido polas profesoras e investigadoras Mª Inmaculada Franco e María José Pérez, estrutúrase en módulos que abranguen dende os aspectos xeolóxicos e microbiolóxicos da auga ata a súa aplicación no tratamento de diversas patoloxías. Concretamente, un primeiro módulo enfócase no estudo deste recurso introducindo ao alumnado nos conceptos da hidroxeoloxía, a calidade e control microbiolóxico e químico da auga e a lexislación vixente, promovendo…

Ler a nova completa no DUVI