
Grupo de Innovación Docente
l
Descrición
Grupo de Estudos de Traducion, Tecnoloxías e Linguaxes que busca desenvolver actividades formativas que permitan que o estudantado de T&I desenvolva a capacidade para xestionar os diferentes recursos dos que dispón, tanto dende o punto de vista técnico (coñecemento e manexo de xestores de memorias de tradución, bancos de datos terminolóxicos, editores de subtítulos) como dende o punto de vista procedimental (procura e procesamento de información, toma de decisións, avaliación das necesidades dos receptores/as…)
Páxina web
Obxectivos
- Introducir fórmulas e métodos innovadores na docencia da tradución a través do estudo da integración de distintos elementos relativos á tradución, as tecnoloxías e as linguaxes.
- Deseñar e introducir formas innovadoras de docencia da tradución que atendan á diversidade e en especial ás necesidades e ás capacidades específicas de cada estudante.
- Deseñar, aplicar e validar métodos de avaliación que integren as competencias de emprendemento contempladas pola Unión Europea.
- Reforzar a intradisciplinariedade dos estudos da tradución mediante colaboracións con otras áreas de relevancia para os estudos.
- Emprender proxectos de colaboración con outros axentes do mercado, que lle permitan ao estudantado tomar contacto coa realidade profesional en diferentes eidos.
Resultados
Desde a creación do grupo en 2021, realizáronse varios proxectos de integración docente, entre os que destacan os seguintes:
- Proxecto de tradución do inglés ao galego de dous volumes de banda deseñada The Cartoon Introduction to Economics: Microeconomics / Macroeconomics. A tradución é realizada por alumnos e alumnas da materia de tradución de textos económicos inglés-galego do grao en TeI e revisada por docentes de tradución e microeconomía.
- Proxecto de integración de actividades docentes entre as materias.
- Tradución de textos especializados: administrativa-económica e tradución científico-técnica.
- Actividade interdisciplinar de colaboración entre estudantado de perfil mixto: alumnado de T&I colabora con alumnado de enxeñerías na revisión ou tradución de normas do eido técnico proporcionados por un cliente externo.
- Organización do curso «Elaboración de documentos accesibles para alumnado cego», dirixido a melonar os materiais docentes dirigidos a alumnado con discapacidad visual.
Participantes
- María José Fernández Pintelos.
- Eduardo Luis Giménez Fernández.
- María Teresa Veiga Díaz.
