Introducción al uso de inteligencia artificial generativa en la docencia e investigación universitaria
Este curso introduce ás persoas participantes na intelixencia artificial (IA) xerativa e chatbots aplicada á docencia e investigación universitaria. Analizaranse as posibilidades das IA para ofrecer apoio e interactuar con estudantes, mellorando a docencia e investigación.
Abordarase a teoría e práctica da IA na educación, presentando casos de estudo e exemplos exitosos. As persoas participantes aprenderán a seleccionar e utilizar ferramentas de IA axeitadas e a deseñar solucións personalizadas para as súas áreas de traballo.
Fomentarase a colaboración entre participantes e organizaranse talleres prácticos para experimentar con ferramentas de IA. O curso proporcionará unha visión práctica de como integrar a intelixencia artificial xerativa e chatbots no traballo académico cotián.
Describir os principais chatbots abertos en internet.
Empregar aplicacións derivadas dos chatbots ou modelos grandes de linguaxe con finalidades docentes.
Uso de peticións (prompt engineering) aplicadas ao ámbito docente e investigador.
Empregar ferramentas que asistan á investigación na revisión sistemática da literatura e na redacción científica.
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
| ID | Nombre | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200478 | Introducción al uso de inteligencia artificial generativa en la docencia e investigación universitaria | Obligatoria | 0.00 |
Estudio completo