Introdución á Aprendizaxe-Servizo no ensino superior
A Aprendizaxe-Servizo (ApS) é unha metodoloxía pedagóxica na cal os/as participantes aprenden mentres actúan sobre necesidades reais da contorna coa finalidade de mellorala. Deste xeito, este tipo de proxectos son unha oportunidade para establecer un maior vínculo entre universidade e sociedade nun marco de reciprocidade.
Nesta formación preténdese facer unha achega aplicada a esta estratexia metodolóxica, de tal xeito que poda ser integrada en materias de diferentes áreas de coñecemento.
Contribuír ao coñecemento da Aprendizaxe-Servizo (ApS) como metodoloxía innovadora na educación superior.
Analizar as potencialidades pedagóxicas da ApS no EEES.
Explorar as posibilidades da aprendizaxe-servizo como canle de desenvolvemento cognitivo, afectivo e ético dos/as estudantes de ensino universitario.
Deseñar un proxecto de ApS adaptado ás diferentes ensinanzas.
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
| ID | Nombre | Carácter | Creditos |
|---|---|---|---|
| 200490 | Introdución al Aprendizaje-Servicio en la eneñanza superior | Obligatoria | 0.00 |
Estudio completo