Nova convocatoria de bolsas Santander Open Academy

Volve o programa «Becas Santander – Microcredenciales 2026, 1ª edición” onde poderás optar a unha das bolsas de 300 euros do Santander – Open Academy para a microcredencial🔸 Excel Avanzado e Análise de Datos: Dos Fundamentos á Integración con Power BI 🔸

A convocatoria de bolsas será xestionada pola Universidade de Vigo e será publicada nos próximos días.

Lembra que para ter dereito á bolsa, será requisito indispensable preinscribirse na nosa web no curso e darse de alta en prazo na plataforma Santander Open Academy seleccionando o curso e a Universidade de Vigo.

É dicir:

  1. Preinscribirse no curso. Lembra que a preinscrición pecha o 20 de maio.
  2. Inscribirse na web do Santander Open Academy e solicitar a bolsa no curso correspondente ATA O 20 DE MAIO
  3. Agardar a que estés admitido/a e matricularse na nosa web na microcredencial lembrándose de seleccionar no último paso da matrícula «aplicar descontos» e «Bolsa Santander Formación Permanente».

Aqueles/as que non se inscribiran na web do Santander Open Academy antes do 20 de maio non poderán solicitar a bolsa. A obtención da bolsa queda supeditada á asistir como mínimo ao 80% da docencia do curso.

 Convocatoria