O PUM superou os seus máximos rexistrados antes da pandemia
632 estudantes maiores de 55 anos están matriculados este curso 2025/2026 no Programa Universitario de Maiores da UVigo (PUM), que acada un récord histórico de alumnas e alumnos, superando as cifras de antes da pandemia, que rozaban as 600 persoas matriculadas. Nos seus dous ciclos, o intensivo e integrado, recoñecidos ambos cun título propio da Universidade de Vigo, 409 mulleres e 223 homes fórmanse este curso nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra, onde lles imparten clase máis dun centro de docentes propios e externos á UVigo.
“Eu creo que este aumento débese a que hoxe en día a calquera idade se é novo, a xente segue activa, con ganas de aprender e de facer cousas novas. Creo que ser novo non depende tanto dos…
