Os Premios ETIV-UVigo lanzan a súa terceira edición con oito categorías de localización de videoxogos

PRemios ETIV
Premios ETIV UVigo - Especialista en Traducción para la industria del videojuego

O alumnado do título propio seleccionará os finalistas e un xurado profesional elixirá os gañadores

Mañá venres comeza a funcionar a maquinaria da terceira edición dos Premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos. Estes galardóns, impulsados pola Universidade de Vigo e o grupo Tradución & Paratradución (T&P), buscan visibilizar a importancia deste eido da industria do videoxogo e premiar o traballo dos profesionais que fan posible que este produtos dixitais cheguen a máis públicos, en máis idiomas e de maneira máis accesible.

Os galardóns forman parte das actividades do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e do Máster en Tradución para a Comunicación Internacional (MTCI), recoñecido como Máster Universitario Excelente da Xunta de Galicia e Máster Europeo en Tradución (EMT) da Dirección Xeral de Tradución da Unión Europea. Esta terceira edición, que comprende oito categorías, busca destacar o esforzo e a dedicación das persoas que fan posible que “os videoxogos traspasen fronteiras lingüísticas e culturais”, como destacan os seus organizadores, os profesores Óscar Ferreiro, José Yuste e Ramón Méndez.

Oito categorías e unha aposta pola investigación

A terceira edición comprende oito categorías: Mellor localización de xogo con dobraxe; Mellor localización de xogo sen dobraxe; Mellor localización de xogo indie; Xogo máis accesible; Mellor xogo en galego; Mellor xogo en catalán; Mellor xogo en éuscaro e, finalmente, Premio Manolo Ramos ao mellor traballo de investigación….

Ler a nova completa no DUVI