Peche dos centros, instalacións e dependencias da UVigo

Do 3 ao 14 de agosto e o 4 de setembro

Todos os centros, as instalacións e as dependencias da Universidade de Vigo permanecerán pechados do 3 ao 14 de agosto de 2026 (ambos os dous incluídos) de acordo coa instrución da Xerencia 3/2026, do 15 de xullo.

Consonte esta instrución tamén se declara non laborable o venres 4 de setembro, polo que ese día estarán pechadas as instalacións universitarias.

Ler a nova completa no DUVI