O Santander – Open Academy lanza unha convocatoria de bolsas onde poderás optar a bolsas de 300 euros para a túa formación, o programa “Becas Santander – Microcredenciales 2025, 1ª edición”. E no Centro de Posgrao e Formación Permanente lanzamos dúas microcredenciais de 5 ECTS inscritas nesta primeira convocatoria.
🔸 Excel Avanzado e Análise de Datos: Dos Fundamentos á Integración con Power BI
🔸 Visualizacións interactivas de datos en Power BI
Que son as microcredenciais?
As microcredenciais son formacións de curta duración, focalizadas na adquisición de coñecementos, habilidades ou competencias específicas. A vantaxe destas microcredenciais é que están abertas a todas as persoas, con ou sen titulación universitaria, e que contan cunha certificación dixital verificable en todo o mundo. Ademais, permiten unha estrutura modular da formación e poden acumularse e combinarse en credenciais máis amplas, no marco dun itinerario formativo personalizado.
Tes máis información premento enriba das titulacións.
