Grupo de Innovación Docente
Descrición
No 2016 comezou a actividade de DIXITAIS, Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo. Neste tempo centrámonos na experimentación coa integración da tecnoloxía na docencia para a mellora da aprendizaxe e da competencia dixital do noso alumnado, pero tamén na investigación sobre distintos aspectos da nosa vida e identidade no mundo dixital.
Páxina web
Obxectivos
- Identificar, desenvolver e implantar metodoloxías concretas de aprendizaxe participativa que demostren ser especialmente efectivas na formación do alumnado.
- Desenvolver contidos didácticos innovadores en soportes dixitais que fagan a experiencia formativa máis rica para o alumnado e favorezan a súa implicación na aprendizaxe.
- Identificar e experimentar con ferramentas de creación de contidos dixitais e participativos que poidan ser susceptibles de uso polo conxunto do profesorado universitario de xeito sinxelo e alcanzable.
- Poñer a disposición da comunidade universitaria o coñecemento adquirido en metodoloxías, elaboración de contidos e ferramentas para a mellora da actividade docente.
Participantes
- Juan Manuel Corbacho Valencia.
- Oswaldo García Crespo.
- Silvia García Mirón.
- Luís Xabier Martínez Rolán.
- María Isabel Míguez González.
- Diana Ramahí García.
- Emma Torres Romay.
- Jabier Abuín Penas.