Xa está aberta a convocatoria de axudas para financiar a produción e impartición de microcredenciais universitarias destinadas a cubrir as necesidades de recualificación e a mellora a empregabilidade da poboación de 25 a 64 anos.
Este «Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias», está financiado pola subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Este convenio permitirá á Universidade de Vigo, ofertar 1548 prazas correspondentes a 26 accións formativas diferentes ata o verán de 2026, e contarán cunha financiación de aproximadamente o 70%.
Descarga a convocatoria
Empresas, entidades e asociaciones
As empresas, entidades ou asociaciones interesadas en solicitar unha formación, poderán mostrar o seu interese a través da «Declaración de interese».
O Centro de Posgrao e Formación Permanente da Universidade de Vigo xestionará a búsqueda dun coordinador ou coordinadora dentro do profesorado da Universidade de Vigo, que será a encargada de facer a solicitude formal da proposta de microcredencial universitaria.
Declaración de interese
Profesorado
Se es profesorado da UVigo, poderás solicitar a través deste formulario, a túa proposta de microcredencial universitaria.
Formulario de proposta de microcredenciais
Solicitudes
As temáticas están abertas a todos os ámbitos de coñecemento, porque o obxectivo final é a recualificación dos e das traballadoras, que unha vez que rematen con avaliación positiva cada microcredencial, obterán unha certificación dixital que se incorporará ao seu cartafol de Europass, válido para toda a Unión Europea.
As solicitudes de microcredenciais que cumpran coas condicións desta convocatoria poderán presentarse ata o 31 de outubro de 2025 ou ata que se esgoten os fondos dispoñibles no Plan Microcreds.
As propostas serán consideradas pola Comisión de Calidade e de Estudos do Centro de Posgrao e Formación Permanente para a súa impartición ata, aproximadamente, abril ou maio de 2026.
A coordinación deberá recaer nun membro do colectivo de profesorado da Universidade de Vigo, e poderán ser impartidas por un equipo docente que poderá estar formado por profesorado da UVigo, así como externo, especialista na materia e profesionais do sector que poidan achegar experiencia na emisión das microcredencias.
Listado de microcredenciais xa aprobadas pola Comisión de Calidade

