Nunha contorna laboral cambiante é importante crear itinerarios profesionais e de aprendizaxe personalizados. As microcredenciais son formacións de curta duración, focalizadas na adquisición de coñecementos, habilidades ou competencias específicas. A vantaxe destas microcredenciales é que están abertas a todas as persoas, con ou sen titulación universitaria, e que contan cunha certificación dixital verificable en Europa. Ademais, permiten unha estrutura modular da formación e poden acumularse e combinarse en credenciais máis amplas, no marco dun itinerario formativo personalizado.

Agora grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”, financiado pola Xunta de Galicia, as formacións adheridas ao plan teñen unha subvención de máis do 70% para persoas de entre 25 e 64 anos, e sen necesidade de titulación universitaria previa.

As empresas, entidades e asociacións poderán mostrar o seu interese en formar e reciclar ao seu persoal, beneficiándose desta bonificación.

Subvencionado pola Xunta de Galicia no convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Ademais tes moitas máis facilidades para formarte na UVigo

  • Máis dun 70% de desconto nas microcredenciais adheridas ao plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias.
  • Posibilidade de conseguir unha das 300 bolsas do Santander Open Academy para as microcredenciais adheridas ao plan “Becas Santander, microcredenciais 2026”
  • Ademais de descontos para a comunidade universitaria, Alumni UVigo, estar desempregado/a ou ter unha discapacidade recoñecida superior ao 33%

Proximamente

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En curso

Microcredenciales

Abordaxe ao paciente crítico

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Microcredenciales

Mobilidade e transporte de H2

 

 

 

 

 

 

Anteriores

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Microcredenciales

Introdución á dobraxe

 

 

 

 

 

 

 

Microcredenciais aprobadas na última Comisión de Calidade e pendente de aprobación na Comisión de Estudos e que se ofertarán próximamente:

  • Soporte respiratorio no paciente agudo
  • Terapias respiratorias domiciliarias
  • Ferramentas de xestión eficaz para a mellora da calidade asistencial en saúde
  • Metodoloxía de entrenamento e dirección de partido en categoría infantil, cadete e xuvenil
  • Desenvolvemento profesional: redeseño do perfil
  • Desenvolvemento profesional: comunicación e posicionamento do perfil
  • Desenvolvemento profesional: detección de oportunidades e xeración de ideas
  • Autonomía funcional en persoas maiores de 3 anos: determinación do grao de dependencia e valoración de elementos contextuais
  • Elaboración de nóminas e xestión de seguridade social (SS)