A formación do profesorado da Universidade de Vigo realízase a través da Área de Formación e Innovación Educativa.
O profesorado universitario ten unha gran responsabilidade social, xa que é o encargado de formar ao persoal máis cualificado para o futuro mercado laboral e axudalo no seu desenvolvemento persoal. Ademais, o persoal docente e investigador (PDI) ten unha triple función na universidade: ensinar, investigar e xestionar. Dada a súa complexidade, é esencial que a súa formación sexa completa e estea sempre actualizada.
PROGRAMA DE FORMACIÓN PERMANENTE DO PROFESORADO
Obradoiros e cursos que potencian a cualificación e competencias docentes do profesorado universitario
INNOVACIÓN EDUCATIVA
Grupos de Innovación Docente (GID), Proxectos piloto de innovación docente e Xornadas de Innovación Educativa