
A Área de Formación e Innovación Educativa, dependente do Centro de Posgrao e Formación Permanente (CPFP), encárgase da formación permanente do profesorado e da xestión da innovación educativa na Universidade de Vigo.
Funcións
- Detectar as necesidades formativas no profesorado
- Planificar e levar a cabo os programas de actualización docente Impartir formación ao profesorado en diferentes modalidades
- Promover a innovación educativa na Universidade de Vigo
- Xestionar os Grupos de Innovación Docente
- Asesorar aos proxectos de innovación educativa
- Recoñecer as actividades formativas que o profesorado desenvolve en centros e departamentos
Formación
O persoal docente e investigador (PDI) ten unha triple función na Universidade: ensinar, investigar e xestionar.
Pola súas complexas atribucións precisa que a súa formación sexa moi completa e estea moi actualizada. A formación do profesorado ten como cerne a formación didáctica en competencias docentes universitarias. A Universidade de Vigo xestiona a formación do profesorado a través das seguintes actuacións:
Programa de Formación Permanente do Profesorado
Innovación Educativa
Innovar supón “inserir variacións como o resultado dun proceso de avaliación e axuste do que se está a facer” (Zabalza, 2003) , é dicir, inserir cambios xustificados que melloren a calidade do proceso de ensino-aprendizaxe.
Supón aplicar un enfoque flexible, ter un coñecemento actual dos procedementos que se que pretenden mellorar e acompañarse dun sistema de documentación, supervisión e avaliación.
As innovacións teñen que ser prácticas e viables e que se materialicen en propostas tanxibles que se poidan presentar coma resultados para compartir cos demais profesores/as e ser sometidas a debate. Ademais non se limitan a actuacións illadas senón que evolucionan para ser incorporadas no currículo formativo.
A Universidade de Vigo xestiona a Innovación Educativa a través das seguintes actuacións:
