Centro / Convenios e colaboracións

Convenios e colaboracións

O Centro de Posgrao e Formación Permanente (CPFP) ten presenza nos tres campus da Universidade de Vigo (Ourense, Vigo e Pontevedra) e forma parte da Rede Universitaria de Estudos de Posgrao e Educación Permanente (RUEPEP).

Convenios asinados

Convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o S. M. E. Instituto Nacional de Ciberseguridade de España M. P., S. A. para a promoción de Cátedras de Ciberseguridade en España. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia- Financiado pola Unión Europea-Next Generation EU

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Xuventude e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e de Vigo para o financiamento do Proxecto de Democratización do Coñecemento no Exercicio 2023

Convenio de colaboración entre BorgWarner Emissions Systems Spain, S. L. e a Universidade de Vigo para a participación no título de especialista universitario en Electrónica para compoñentes de automoción no curso 2023/2024

Convenio de colaboración entre o Consello Galego de Relacións Laborais e a Universidade de Vigo para a realización da VI edición do Curso de formación universitaria en negociación colectiva e individual no ámbito laboral.

Convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Grupo Ribera, polo que se crea e regula a Cátedra Ribera-Povisa en Innovación en Saúde.

Convenio de colaboración académica entre a Universidade de Vigo e o Ilustre Colexio da Avogacía de Vigo (ICAVVigo) para a realización do título de experto universitario en Inglés xurídico.

Convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo.

Convenio de colaboración entre a Asociación Técnica Española de Climatización e Refrixeración (ATECYR) e a Universidade de Vigo.