Formación para estudantes
Reforza as túas competencias e habilidades para o futuro mercado laboral.
A Universidade de Vigo ofrece un catálogo de títulos propios orientados á especialización académica ou profesional en diferentes ámbitos de coñecemento. Estes estudos achéganlle novas competencias ao estudantado para facilitar a súa inserción laboral e o emprendemento.
Os requisitos de admisión dependen das características de cada curso pero, tanto se es estudante coma titulado ou titulada, podes acceder a diferentes formacións que permiten obter títulos ou diplomas emitidos pola Universidade de Vigo.

TÍTULOS PROPIOS
Estudos orientados á especialización académica e profesional en contornos de evolución constante.
Que queres aprender?
Se es estudante e desexas actualizar os teus coñecementos nun ámbito educativo concreto e non o atopas no noso catálogo, non dubides en contactar connosco.