Formación para profesionais e empresas
Unha oportunidade para a formación e a reciclaxe das persoas traballadoras.
O Centro de Posgrao e Formación Permanente imparte cursos de formación en colaboración coas empresas, entidades e institucións como fórmula para responder as demandas formativas relacionadas co emprego.
Os títulos propios, polas súas características de flexibilidade e autonomía, permiten deseñar de forma áxil actividades formativas adaptadas ás necesidades de cada empresa cunha garantía de calidade avalada pola Universidade de Vigo.
As accións formativas poden estar orientadas a persoas traballadoras sen titulación universitaria previa ou a graduados e graduadas universitarios que necesitan unha reciclaxe profesional ou adquirir competencias novas ou altamente especializadas que demanda o sector empresarial. Todos os programas formativos, tanto abertos coma a medida, acredítanse cun título ou diploma emitido pola Universidade de Vigo.

TÍTULOS PROPIOS
Podes consultar a oferta actual de estudos orientados á especialización profesional

FORMACIÓN A DEMANDA
Formación adaptada ás necesidades concretas das persoas traballadoras de empresas, institucións ou outras entidades
Estas formacións poden ser bonificadas. Para máis información visita a página web da Fundae.
¿En qué podemos ayudarte?
Si deseas obtener más información contacta con nosotros: