Estudos / Atención á diversidade

Programa universitario para o emprego e a vida autónoma (EMAU)

Cabecera_logos_UVigo_EMAU-26
Cabecera_logos_UVigo_EMAU-26

Descrición

O programa EMAU (Emprego e Vida Autónoma) é unha iniciativa coordinada pola Universidade de Vigo e desenvolvida no marco do programa Unidiversidad da Fundación ONCE.

O seu obxectivo é ofrecer unha formación universitaria adaptada a mozas e mozos con discapacidade intelectual, do desenvolvemento e/o do espectro autista, co fin de mellorar as súas competencias persoais, sociais e laborais, e favorecer a súa empregabilidade e autonomía.

Ligazón do vídeo realizado nun obradoiro da primeira edición do Programa universitario para o emprego e a vida autónoma.

Foto do acto de graduación da segunda edición do Programa universitario para o emprego e a vida autónoma.

Coordinadoras académicas

Maruxa Álvarez Jiménez

Reyes Fernández González

Contacto

unidiversidade@uvigo.gal

Telf. 986 818 710

Acceso á páxina para a inscrición e matrícula no programa

Prezos

A matrícula estará subvencionada na súa totalidade.

Obxectivos

  • Fomentar a inclusión universitaria das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
  • Desenvolver competencias transversais que faciliten a súa autonomía e participación social.
  • Mellorar a empregabilidade mediante a formación práctica e o contacto coa contorna laboral real.
  • Promover a igualdade de oportunidades e a accesibilidade na educación superior.

Destinatarios/as

O programa está dirixido a mozos menores de 30 anos con discapacidade intelectual, do desenvolvemento e/o do espectro autista, inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, que desexen ampliar a súa formación e adquirir habilidades para a vida independente e o acceso ao emprego.

Programa

Trátase dunha formación interdisciplinar para a mellora da empregabilidade, as competencias sociolaborais e favorecer a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual. Ademáis do equipo docente da Uvigo, o título conta con persoal técnico que realizan apoios activos dentro da aula, actuando como especialistas en pedagoxía terapéutica

Titulación

A superación da formación dará lugar á obtención dun título propio da Universidade de Vigo: Curso de Formación Superior para o emprego e a vida autónoma – EMAU