Seguridade industrial aplicada ao H2 verde

Microcredenciales

Ámbito: Enxeñería química, enxeñería dos materiais e enxeñería do medio naturalCódigo: TCS:1290/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Tecnoloxía

Inicio e fin

27/04/2026 – 22/05/2026

Modalidade

Presencial / virtual

Créditos ECTS

3.0 ECTS

Estado

Matrícula

50 prazas

 

Descrición

Esta microcredencial ten como obxectivo capacitar ao alumnado nos fundamentos da seguridade industrial vinculada a procesos con hidróxeno verde. Abordaranse aspectos clave como a análise de riscos, o deseño de sistemas seguros, a monitorización en tempo real mediante sensórica, e as tecnoloxías de control aplicadas a contornas de produción, almacenamento e integración de hidróxeno en sistemas enerxéticos, hidroxeneras, cun enfoque técnico e práctico.

 

Director/a:

Fernando Cerdeira

Teléfono contacto:

986130304

Email contacto:

asanchez@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
18/03/2026 – 14/04/2026


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
16/04/2026 – 23/04/2026

Inscrición / Matrícula

 

Colaboradores

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

12 horas

Docencia non presencial

30 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Plataforma de teleformación Moovi

 

Horario

A docencia sería entre  27 de abril e o 22 de maio de 2026. Haberá que entregar un traballo final antes do 28 de maio de 2026. 

Sesións virtuais síncronas xoves 30 de abril, 7 de maio e 14 de maio de 16:00 a 20:00.

 

 

Prezos

Público en xeral Alumni UVigo Comunidade UVigo
240 € 216 € 204 €

Observacións aos prezos

Prezo final unha vez aplicada a subvención: 72euros (*)

*Este sería o prezo final para o público xeral que cumpra os requisitos para a subvención. Esta microcredencial enmárcase dentro do “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” e contará cunha financiación do 70% para idades entre 25 e 64 anos. 
Subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU

As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.

 

Obxectivos

A implantación do hidróxeno verde en contornas industriais esixe o dominio de tecnoloxías de prevención, control de riscos e monitorización. Esta microcredencial responde á necesidade urxente de formar profesionais con competencias específicas en seguridade aplicada a sistemas con H₂, cubrindo desde o deseño ata a operación segura das instalacións.

 

Destinatarios

Profesionais de industrias relacionadas co o sector do H2 e afíns.

Enxeñería industrial, transporte e loxística, mobilidade sostible, enerxías renovables, mantemento de infraestruturas enerxéticas.

 

Idioma

Galego e castelán

 

Competencias Específicas

CE1 Normas de seguridad (K1032)

CE2 Fornecer información sobre o hidróxeno (S1.4.2)

CE3 Levar a cabo un estudio de viabilidade sobre o hidróxeno (S2.7.4)

 

Condicións de acceso

Documentación necesaria para o acceso:

– Documento de identificación

– Curriculum Vitae

 

Criterios de selección

Por orde de preinscripción

 

Metodoloxía

Bloque 1. Propiedades do hidróxeno e derivados
1.1. Propiedades Fisicoquímicas: Densidade, difusividad, flotabilidad. Comparativa con GN e gasolina.
1.2. 1.2. Comportamento de Materiais: Fenómeno de Fraxilización por Hidróxeno (Hydrogen Embrittlement). Mecanismos de fallo en aceiros.
1.3. 1.3. Lume e Explosión: Rango de inflamabilidade (4-75%), Enerxía Mínima de Ignición (MIE), chama invisible, efectos criogénicos.
1.4. 1.4. Saúde e Medio: Riscos de asfixia e queimaduras.
Bloque 2. Seguridade industrial e deseño de instalacións
2.1. Deseño Seguro: Xerarquía de control. Válvulas de alivio (PRV), discos de ruptura e deseño de vénchevos.
2.2. Control de Fugas e Ventilación: Detección de H2 (tecnoloxías). Cálculo de ventilación en espazos confinados (contedores de electrólises).
2.3. Marco Normativo: Regulamento APQ (Almacenamento de Produtos Químicos). Directiva SEVESO III.
Bloque 3. Análise de riscos en plantas de H2
3.1. Identificación de Perigos: Matriz de riscos (Probabilidade vs Consecuencia). Concepto ALARP.
3.2. Metodoloxías de Análises: Introdución práctica a HAZOP (Nodos, Desviacións, Causas) e LOPA (Capas de protección).
3.3. Clasificación de Áreas (ATEX): Directivas ATEX Social e Produto. Definición de Zonas 0, 1 e 2 para Grupo IIC.
3.4. Emerxencias: Plans de autoprotección e intervención.

Actividades síncronas
Bloque 1
Seminario Práctico (2h): Taller de Selección de Materiais. Uso da norma ISO/TR 15916 para validar a aptitude de tubaxes e válvulas nunha instalación tipo.
Titoría Grupal (3h): Profundización en metalurgia, compatibilidade de materiais e dúbidas conceptuais.
Bloque 2
Seminario Práctico (2h): Cálculo de Seguridade. Estimación de caudal de fuga por orificio e dimensionamiento da ventilación de emerxencia requirida nunha sala de compresores.
Titoría Grupal (3h): Revisión da aplicación da normativa APQ e resolución de dúbidas de deseño.
Bloque 3
Seminario Práctico (2h): Roleplay Técnico (Mini-HAZOP). Realización en grupo dun estudo HAZOP sobre unha liña de proceso simplificada, identificando riscos reais.
Titoría Grupal (3h): Peche do curso, dúbidas finais sobre zonificación ATEX e preparación da avaliación.

 

Materias

id nome caracter créditos
200748 Propiedades y Materiales Obligatoria 1.0
200749 Seguridad Industrial Obligatoria 1.0
200750 Análisis de Riesgos Obligatoria 1.0

 

Profesorado

  • Víctor Alfonsín Pérez
  • Estrella Álvarez da Costa
  • Fernando Cerdeira Pérez
  • José Luis Salgueiro Fernández
  • Ángel Manuel Sánchez Bermúdez

 

Avaliación

Avaliación continua mediante test de autoavaliación e entrega dun traballo final.

  • Tests Normativos (asíncronos). Un test en liña ao finalizar cada bloque sobre propiedades e normativa (30%).
  • Proxecto de seguridade (entregables). Elaboración dunha folla de traballo HAZOP completa ou un informe de clasificación de zonas ATEX dun caso dado (50%).
  • Participación Síncrona. Defensa das solucións propostas no taller de HAZOP e participación en titorías (20%).

 

Titulación

Título na microcredencial ” Seguridade industrial aplicada ao H2 verde “