Recollemos as preguntas e respostas sobre a convocatoria de financiación de microcredenciais universitarias que nos chegan máis frecuentemente.
Son formacións de curta duración, focalizadas na adquisición de coñecementos, habilidades ou competencias específicas. Están abertas a todas as persoas, con ou sen titulación universitaria, e que contan cunha certificación dixital verificable en todo o mundo. Ademais, permiten unha estrutura modular da formación e poden acumularse e combinarse en credenciais máis amplas, no marco dun itinerario formativo personalizado.
Polo momento, as solicitudes de propostas de microcredenciais poderán presentarse ata o 31 de outubro de 2025 ou ata que se esgoten os fondos dispoñibles no Plan de Microcreds.
Despois desta data poderás presentar novas propostas, claro, máis non estarán dentro da financiación desta convocatoria.
A impartición das formacións dentro desta convocatoria de financiación, poderán levarse a cabo ata maio de 2026.
Se es unha empresa, deberás enviar o documento de Declaración de Interese descargable na convocatoria.
Se es profesorado da UVigo, deberás enviar o formulario de proposta da convocatoria ademais dunha declaración de interese dunha entidad, empresa ou asociación que mostre o seu interese en obter unha formación. Todos os documentos están na páxina principal do Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias 2025.
FAQ´s futuro alumnado
Non é necesario ter unha titulación universitaria para acceder ás formacións de microcredenciais, pero dependerá dos requisitos de acceso de cada formación e a adecuación aos seus contidos.
Como persoa, podes acceder a calquera microcredencial dentro desta convocatoria e beneficiarte da subvención de máis do 70% do custe da mesma. Tamén podes falar coa túa empresa para que declare o seu interese na creación dunha formación á medida para o seu persoal.
Lembra seguirnos nas redes sociais para estar ao tanto das novidades das nosas formacións.
Podes consultar toda a oferta de formación no menú de Estudos – Microcredenciais ou dende a portada principal da nosa web. Ademais de microcredenciais poderás acceder a outras formacións como mestrados, títulos de especialista, experto, cursos avanzados de posgrado ou de formación universitaria.
FAQ´s entidades e empresas
Deberedes cubrir o formulario de “Declaración de interese” descarable na convocatoria e envíalo a cpfp@uvigo.gal
O Centro de Posgrao e Formación Permanente da Universidade de Vigo xestionará a búsqueda dun coordinador ou coordinadora dentro do profesorado da Universidade de Vigo, que será a persoa encargada de facer a solicitude formal da proposta de microcredencial universitaria.
A coordinación principal deberá recaer sobre una persoa do profesorado da UVigo. Pero a formación estructurarase en contacto coa entidade, empresa ou asociación interesada, puidendo existir a figura de co-coordinador/a.
As formacións son de carácter aberto para todo o mundo. Pode darse a circunstancia de que unha soa entidade cubra as prazas ofertadas co seu persoal.
Se queres máis información sobre a formación a medida para a túa empresa ou In-Company, podes enviar a Declaración de interese ou pedir máis información a través do formulario de contacto.
Non, non é necesario. As microcredenciais están abertas a todo o mundo. Para entrar dentro da financiación desta convocatoria, o alumnado debe ter entre 25 e 64 anos. Os requisitos de acceso á formación dependerán dos contidos de cada microcredencial e faranse acordo as necesidades da entidade ou empresa.
Si, poderedes recomendar especialistas ou expertos/as na materia, que poderán impartir docencia na formación se cumpren os requisitos. Pero é requisito indispensable que alo menos un 25% da formación esté impartida por profesorado da UVigo. O restante 75% pode ser impartido por profesorado externo, ben doutras universidades, ben profesionais ou especialistas na materia.
Consulta o catálogo de títulos propios e se non atopas o que buscas, a Universidade de Vigo pode organizar cursos formativos baixo demanda ou in Company que se adapten ás necesidades de cada profesional ou de cada empresa.
FAQ´s PDI
No, non computan.
É requisito indispensable que a persoa coordinadora sexa membro do profesorado da Universidade de Vigo. Esta persoa podería coordinar e impartir o 100% das clases da microcredencial, pero para que entre dentro da convocatoria de financiación é necesario que exista unha declaración de interese por parte dunha empresa, asociación ou entidade.
Non caso de que non houbera dita declaración de interese a microcredencial podería tramitarse pero non obtería a financiación.
Si, o profesorado da microcredencial pode ser profesorado externo, profesorado doutras universidades ou profesionais e persoas expertas nesa materia. Pero é requisito indispensable que o 25% da docencia sexa impartida por profesorado da UVigo (outras casuísticas remitirse ao reglamento).
Poderías dar clase pero non coordinar.
Poderías cobrar coma en calquera outra formación do Centro de Posgrao e Formación Permanente. E a forma de pago sería a través de xustificantes internos. Podes consultar o acordo aprobado polo Consello de Goberno para regular os pagos por docencia e coordinación dos nosos se queres ampliar máis información.
Descargar acordo de pagos por docencia e coordinación en títulos propios
Se desexas obter máis información contacta con nós, indicando no asunto “Convocatoria microcredenciais”:
