Xa está aberta a convocatoria de axudas para financiar a produción e impartición de microcredenciais universitarias destinadas a cubrir as necesidades de recualificación e a mellora a empregabilidade da poboación de 25 a 64 anos.
Este “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias”, está financiado pola subvención recibida da Xunta de Galicia segundo o convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Este convenio permitirá á Universidade de Vigo, ofertar 1548 prazas correspondentes a 26 accións formativas diferentes ata o verán de 2026, e contarán cunha financiación de aproximadamente o 70%.
Descarga a convocatoria
Empresas, entidades e asociaciones
As empresas, entidades ou asociaciones interesadas en solicitar unha formación, poderán mostrar o seu interese a través da “Declaración de interese”.
O Centro de Posgrao e Formación Permanente da Universidade de Vigo xestionará a búsqueda dun coordinador ou coordinadora dentro do profesorado da Universidade de Vigo, que será a encargada de facer a solicitude formal da proposta de microcredencial universitaria.
Declaración de interese
Profesorado
Se es profesorado da UVigo, poderás solicitar a través deste formulario, a túa proposta de microcredencial universitaria.
Formulario de proposta de microcredenciais
Solicitudes
As temáticas están abertas a todos os ámbitos de coñecemento, porque o obxectivo final é a recualificación dos e das traballadoras, que unha vez que rematen con avaliación positiva cada microcredencial, obterán unha certificación dixital que se incorporará ao seu cartafol de Europass, válido para toda a Unión Europea.
As solicitudes de microcredenciais que cumpran coas condicións desta convocatoria poderán presentarse ata o 31 de outubro de 2025 ou ata que se esgoten os fondos dispoñibles no Plan Microcreds.
As propostas serán consideradas pola Comisión de Calidade e de Estudos do Centro de Posgrao e Formación Permanente para a súa impartición ata, aproximadamente, abril ou maio de 2026.
A coordinación deberá recaer nun membro do colectivo de profesorado da Universidade de Vigo, e poderán ser impartidas por un equipo docente que poderá estar formado por profesorado da UVigo, así como externo, especialista na materia e profesionais do sector que poidan achegar experiencia na emisión das microcredencias.
Listado de microcredenciais xa aprobadas pola Comisión de Calidade

Nova convocatoria de bolsas Santander Open Academy
Nova edición da Xornada Interuniversitaria de Innovación Docente, XIGAID
