A UVigo amosa na Higher Education Transformation Week os seus proxectos de transformación da educación superior en Europa

Tags:  Bruxelas   Erasmus   HET Week   MicroHEI

Con iniciativas sobre microcredenciais, dixitalización da mobilidade e sustentabilidade 

A UVigo está a participar estes días en Bruxelas na HET Week, a Higher Education Transformation Week, unha iniciativa da European University Foundation, que converte á capital europea no punto de encontro para proxectos Erasmus+ KA2 centrados na transformación da educación superior.

Un dos proxectos que encabeza a Uvigo, MicroHEI, vai da man do noso director, Fernando Cerdeira. MicroHEI, microcredenciais para o desenvolvemento profesional do persoal universitario, cun orzamento global de 400.000 euros e unha duración de 36 meses, reúne seis institucións europeas co obxectivo de avanzar no uso das microcredenciais como instrumento para o desenvolvemento profesional e o recoñecemento da formación do persoal das institucións de educación superior. O proxecto traballa no establecemento dunha base común entre as entidades participantes, prestando especial atención ao desenvolvemento das competencias dixitais, verdes e inclusivas e á súa integración no Espazo Europeo de Educación Superior.

Ler a nova completa no DUVI