Nova edición da Xornada Interuniversitaria de Innovación Docente, XIGAID

Xa está aberto o prazo de inscrición para a IV Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Docente (XIGAID) organizada polas tres universidades galegas. Nesta 4ª edición a anfitrioa será a Universidade da Coruña.

As tres universidades galegas, traballan de forma conxunta para consolidar un espazo de reflexión e intercambio de experiencias para a mellora do ensino e a aprendizaxe na educación superior. As xornadas XIGAID son un punto de encontro entre docentes de educación superior de toda Galicia para poñer en común experiencias e tecer redes de colaboración das que poidan xurdir interesantes proxectos de futuro.
A xornada conta con dúas modalidades de participación:
Póster virtual: O PDI das tres universidades poderán participar enviando o seu póster e a través de foros.
Presencial: A xornada presencial terá lugar o vindeiro 22 de outubro na Universidade da Coruña. Proximamente compartirase a axenda de todas as actividades.

Máis información na súa web