Distribuídos en sete categorías, recoñeceranse os mellores xogos en galego, catalán e éuscaro
Xa son públicos os 21 finalistas da I edición dos premios ETIV-UVigo (Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo) á localización de videoxogos, tres por cada unha das sete categorías galardoadas: mellor xogo en galego, mellor xogo en catalán, mellor xogo en éuscaro, xogo máis accesible, mellor localización de xogo con dobraxe, mellor localización de xogo sen dobraxe e mellor localización de xogo indie. As propostas gañadoras daranse a coñecer nunha gala final de entrega de premios que se celebrará o vindeiro venres 6 de maio ás 11.00 horas no edificio Redeiras, un acto que será retransmitido en liña e ao que xa está confirmada a participación de xeito presencial de máis de 40 persoas, incluídos numerosos profesionais relacionados coa industria do sector dos videoxogos.
Nova convocatoria de bolsas Santander Open Academy
Nova edición da Xornada Interuniversitaria de Innovación Docente, XIGAID
