Mestrados universitarios

Formacións de posgrao oficiais cun enfoque multidisciplinar e de especialización. A finalización destes estudos outorga un título oficial recoñecido en todo o Espazo Europeo de Educación Superior, e acceso ao doutoramento.

Coordinador: Pío Manuel González Fernández (pglez@uvigo.gal)

Mestrados de formación permanente

Formacións de posgrado propias da Universidade de Vigo deseñadas a partir da demanda das empresas e cunha orientación práctica e de carácter profesional. Orientados a mellorar a empregabilidade ou a reciclaxe profesional. A finalización destes estudos non outorga un título oficial, nen acceso ao doutoramento.

Outros títulos ofertados anteriormente:

  • Máster de formación permanente en Auditoría e contabilidade
  • Máster dual de formación permanente en Información xeoespacial
  • Máster de formación permanente en Xestión e liderado de organizacións sanitarias