Os centros exhiben múltiples aplicacións prácticas dos seus ámbitos de traballo
Entre este mércores e venres, milleiros de estudantes de secundaria visitarán o recinto feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra co obxectivo de coñecer máis ao detalle diferentes opcións formativas, na décimo terceira edición do Salón de Educación e Formación de Galicia (Edugal), que conta novamente cunha destacada presenza da Universidade de Vigo. De feito, un terzo dos 60 expositores presentes na feira corresponden á institución académica, representada neste evento por 19 facultades e escolas dos tres campus, ás que se suma o posto de Servizos Centrais e do Centro de Posgrao e Formación Permanente. Promovido pola…