O director do Centro de Posgrao e Formación Permanente, Fernando Cerdeira Pérez, asiste estes días a “Xornada Técnica de microcredenciais no contexto europeo” que organiza RUEPEP, a Red Universitaria de Estudios de Postgrado y Educación Permanente, na Universidad Politécnica de Madrid, onde onte participou nunha mesa redonda para falar da xustificación de Fondos Europeos xunto con Esther Alonso Casado (UPM) e Marta García Salvador (UIB/FUEIB).
Participa tamén Maria José Moure, directora da Área de Titulaciones da UVigo, que modera agora mesmo a mesa redonda sobre recomendación para a certificación dixital de microcredenciais en Europass.
Máis información sobre o programa na web de RUEPEP