Diploma de curso de formación universitaria
Ámbito: Enxeñería industrial, enxeñería mecánica, enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegaciónCódigo: TCS:1091/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
29/01/2024 – 08/05/2024
Modalidade
Presencial
Créditos ECTS
15.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Actualización 17/10/2024: Haberá unha nova edición que comezará en febreiro de 2025. Próximamente nova convocatoria de preinscrición e matrícula. Todas as novidades nas nosas redes sociais.
A acción formativa Loxística Dixital é unha titulación propia da Universidade de Vigo, e forma parte das accións subvencionadas polo Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, segundo a orde TMA/780/2022, do 21 de xullo, para a realización de cursos de formación para a capacitación dixital e sustentabilidade no ámbito do transporte e a mobilidade, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O título dará a coñecer os elementos empregados na dixitalización destes sistemas con tecnoloxíascomo IoT, almacenamento de datos, simulación etc.
Impartirase na Escola de Enxeñaría Industrial, na súa sede do Campus Universitario, e formará ao alumnado nas solucións de dixitalización e automatización de almacéns loxísticos e nos sistemas de simulación aplicados ó movemento de produtos nas instalacións. Con prácticas no laboratorio de manutención e loxística industrial das instalacións da universidade, o escenario perfecto para completar a formación en sistemas de transporte autónomos AGV, aplicacións e sistemas robotizados, xemelgos dixitáis, control de datos e interconectividade (IoT, “Internet of Things”) entre outros.
Director/a:
Julio Garrido Campos
Teléfono contacto:
986812230
Email contacto:
jgarri@uvigo.es
Entidade organizadora:
Escuela Abierta de Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
04/09/2023 – 19/01/2024
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
22/01/2024 – 26/01/2024
Modalidade
Docencia presencial/virtual
150 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Escuela de Ingeniería Industrial (sede campus)
Horario
Inicio: 29 de
xaneiro
Fin: 8 Maio
Días: luns,
martes e mércores
Horario:
17:30-21:00
No docencia:
12 e 13 febrero (entroido, luns e martes)
18,
19 e 20 marzo (semana santa)
1
maio (día do traballador)
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
0 € | 0 € | 0 € |
Observacións aos prezos
Formación gratuita, 100% subvencionada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Obxectivos
O obxectivo da acción formativa é dar a coñecer aos profesionais actuais ou potenciais dos sistemas loxísticas as últimas ferramentas dixitais que son susceptibles de ser aplicadas nos subsistemas que están relacionadas co transporte de pezas e produtos industriais, con especial énfase nos sistemas intra-loxística e a súa interacción cos sistemas de transporte e de almacenaxe.Tamén abordará a planificación e deseño destes sistemas, non só o seu coñecemento de formadescritiva e funcional. Veranse ferramentas de simulación para o dimensionamiento de sistemas loxísticos.Farase fincapé na comunicación distribuída, Internet of Things, serán obxecto de interese, así como as ferramentas de codificación e realización de sistemas dixitalizados e, en xeral, as tecnoloxías que caracterizan a Industria 4.0.Será tamén un obxectivo dar a coñecer as tecnoloxías avanzadas en operatividade loxística como os sistemas robóticos e de maquinaria especializada para o movemento e manipulación de produtos.
Destinatarios
O título está orientado tanto a profesionais actuais e futuros do sector da da intra-loxística industrial, que comprende, entre outros: sistemas de almacenaxe industrial, sistemas transportadores automáticos de pezas dentro de plantas industriais (manutención industrial), sistemas de manipulación automática de pezas (principios básicos de robótica e máquina especializada).
Competencias Específicas
Coñecer a arquitectura dixital dos sistemas de intra-loxística industrial.
Coñecer as tecnoloxías dixitais base(hardware e software) para a realización de sistemas de intra-loxística industrial.
Coñecer o principio de funcionamento dixital dos medios loxísticos industriais representativos: manutención, almacenaxe, manipulación, packaging.
Capacidade de toma de decisións de deseño e dimensionamiento de sistemas loxísticos industriais empregando ferramentas dixitais.
Capacidade de toma de decisións de deseño para a integración dixital de sistemas intralogísticos industriais con outros procesos.
Condicións de acceso
Os participantes das accións formativas subvencionadas deberán ser cidadáns dun Estado membro da Unión Europea ou doutro Estado parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo e de Suíza, así como os seus familiares recolleitos no artigo 2 e 2 bis do Real Decreto 240/2007, do 16 de febreiro, ou ter autorización para permanecer ou residir en territorio español.
Criterios de selección
REQUISITOS DE ACCESO:
1) Titulación ou experiencia profesional
1.1) Titulados universitarios en ámbitos tecnolóxicos
1.2) Titulados de ciclos medio ou superior en ámbitos tecnolóxicos
1.3) Estudantes de grao universitario en ámbitos tecnolóxicos
1.4) Profesionais técnicos directamente relacionados coa temática do curso.
1.5) Profesionais en xeral do ámbito tecnolóxico industrial
2) Coñecementos básicos en informática
DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
1) Documento de identificación (Nome, DNI, situación laboral, especificación de coñecementos previos básicos de informática etc.)/ etc.)
2) Copia do título ou certificado de estudos previos ou en curso (Se ha lugar)
3) Documentación acreditativa de experiencia laboral (Se ha lugar)
4) Documentación acreditativa de coñecementos previos básicos de informática (titulacións materias cursadas relacionadas). Na súa falta, explicación textual do alcance dos devanditos coñecementos.
CRITERIOS ADMISIÓN
Orde de solicitude 60%
Cumprimento dos requisitos de acceso 40%
Metodoloxía
Introdución á Industria 4.0 e a súa implicación nos sistemas loxísticos industriais.
Sistemas e medios para operacións de loxística industrial dixital e automática: Tecnoloxías electrónicas dixitais base (sensorización e accionamento, control, seguridade) e medios loxísticos representativos (sistemas loxísticos industriais de manutención e almacenaxe).
Internet of Things e a súa aplicación a sistemas loxísticos: Tecnoloxías para acceder aos datos no marco das Internet of Things e a súa aplicación a sistemas loxísticos.
Deseño e planificación de sistemas loxísticos: contornas de simulación e a súa aplicación á loxísticos: Análise e deseño de operacións loxísticas, incluíndo fabricación, almacenamento, manexo de materiais, e loxística. Ferramentas dixitais de asistencia ao deseño (simulación).
Tecnoloxías para sistemas de loxísticos industriais de transporte autónomo: Tecnoloxías dixitais asociadas aos sistemas de transporte autónomo, incluíndo as principais tecnoloxías de detección e percepción, de posicionamento e de control.
Sistemas robóticos para os loxística e manipulación: Sistemas robóticos e de maquinaria especializada para dar soporte a operacións loxísticas.
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200337 | Tecnologías de digitalización aplicadas a la logística industrial | Estudio completo | 15.0 |
Profesorado
- Enrique Riveiro Fernández: Graduado en Enxeñería Industrial (Electrónica Industrial e Automática). Máster en Mecatrónica. Experiencia en proxectos I+D+i industriais de simulación de sistemas loxísticos, automatización, IIoT etc. Docente na EEI no ámbito da automatización industrial, simulación de sistemas, dixitalización e robótica.
- Josué Rivera Andrade: Enxeñeiro en Mecatrónica. Master en Mecatrónica. Experiencia como Enxeñeiro de planta e de mellora de procesos industriais. Experiencia en proxectos I+D+i de automatización e robótica. Docente na EEI no ámbito da automatización industrial, redes de comunicación e robótica.
- Julio Garrido Campos: Dr. Enxeñeiro de Telecomunicacións. Experiencia en proxectos I+D+i industriais de Automatización de maquinaria e de sistemas loxísticos. Profesor da EEI no ámbito da automatización e dixitalización industrial e mecatrónica.
Titulación
Curso de formación universitaria en tecnoloxías de dixitalización aplicadas á loxística
industrial.