Continúa a alianza co Consello Galego de Relacións Laborais para a mellora da formación en negociación colectiva

Negociación colectiva
Negociación colectiva

“Interesa especialmente nun intre no que as relacións laborais están suxeitas a constantes cambios”

A Universidade de Vigo asinou este venres o convenio que permitirá a posta en marcha dunha nova edición, e xa van oito, do Curso de formación universitaria en negociación colectiva e individual no ámbito laboral, unha actividade xa consolidada dirixida á formación de profesionais nas técnicas de negociación e na solución de conflitos.

“E un tema que interesa especialmente nun intre no que as relacións laborais están suxeitas a constantes cambios e no que o papel da negociación colectiva é esencial para dotar de garantías ás persoas traballadoras e ás empresas”, explicaron os directores do curso, os docentes da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo Jaime Cabeza e Rosa Rodríguez Martín-Retortillo, que acompañaron ao reitor, Manuel Reigosa, e a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais,  Antía Sández, na sinatura do acordo, un acto celebrado no despacho do reitor e ao que tamén asistiu o director do Centro de Posgrao e Formación Permanente, Fernando Cerdeira.

“Trátase dun curso que funciona moi ben”

“Trátase dun curso que funciona moi ben e nesta edición o perfil será…

Ler a nova completa no DUVI