Volve XIGAID, coa III edición da Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Educativa

Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Educativa, XIGAID,

A Universidade de Vigo acolle e coordina este ano a Xornada Interuniversitaria Galega de Innovación Educativa, XIGAID, que este ano celebra a súa terceira edición.

A UVigo, a USC e a UDC traballan de forma conxunta para consolidar un espazo de reflexión e intercambio de experiencias para a mellora do ensino e a aprendizaxe na educación superior.
A xornada presencial desta terceira edición terá lugar o próximo xoves 20 de novembro de 2025 no paraninfo do edificio Ernestina Otero da Universidade de Vigo, no campus universitario. Pode asistir calquera persoa interesada na innovación docente universitaria, pero cómpre inscribirse. Ademais, o persoal docente e investigador das tres universidades ten a opción de participar tamén na modalidade de póster virtual.

As liñas temáticas dos traballos versarán sobre tres conceptos, a mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe, as estratexias institucionais de innovación docente, e a diversidade, igualdade e responsabilidade social e ambiental.

Toda a información está na súa web