Continúa o Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias

Con axudas de máis do 70% para a recualificación e mellora da empregabilidade da poboación de 25 a 64 anos.

Recíclate na Uvigo grazas ao “Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias” unha convocatoria de axudas para a subvención de máis do 70% do custe destas formacións, destinadas a cubrir as necesidades de recualificación e a mellora a empregabilidade da poboación de 25 a 64 anos.

Que é unha microcredencial?

Son formacións de curta duración, focalizadas na adquisición de coñecementos, habilidades ou competencias específicas. Están abertas a todas as persoas, con ou sen titulación universitaria, e que contan cunha certificación dixital verificable en todo o mundo. Ademais, permiten unha estrutura modular da formación e poden acumularse e combinarse en credenciais máis amplas, no marco dun itinerario formativo personalizado.

Para acceder ás formacións non é necesario ter titulación universitaria, pero dependerá dos requisitos de acceso de cada formación e a adecuación aos seus contido, e as temáticas están abertas a todos os ámbitos de coñecemento. Exemplos

Consulta toda a oferta de microcredenciais

Microcredenciais

 

Ademais de microcredenciais poderás acceder a outras formacións como mestrados, títulos de especialista, experto, cursos avanzados de posgrado ou de formación universitaria.

Esta convocatoria ven da man da Xunta de Galicia grazas ao convenio de colaboración asinado o pasado 2 de maio entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e as universidades galegas. Fondos do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU
Este convenio permitirá á Universidade de Vigo, ofertar 1548 prazas correspondentes a 26 accións formativas diferentes ata o verán de 2026, e contarán cunha financiación de aproximadamente o 70%.