Técnicas de oratoria para docentes

Programas de formación permanente do profesorado

Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1166/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal

Inicio e fin

17/02/2025 – 19/02/2025

Modalidade

Presencial

Créditos ECTS

0.0 ECTS

Estado

Finalizado

30 prazas

 

Descrición

A formación está deseñado para fortalecer as habilidades de comunicación dos docentes. Os/as participantes reflexionarán sobre a importancia da oratoria no ensino, mellorarán a súa confianza escénica, aprenderán técnicas de comunicación verbal e non verbal, deseñarán mensaxes claras e persuasivas, e poñerán en práctica o aprendido a través de exercicios prácticos.

 

Director/a:

Área de Formación e Innovación Educativa

Teléfono contacto:

986812035

Email contacto:

cpfp.innovacion@uvigo.gal

Entidade organizadora:

Centro de Posgrado y Formación Permanente

PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
14/01/2025 – 07/02/2025


PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
14/01/2025 – 07/02/2025

Matrícula pechada

 

 

Modalidade

Docencia presencial/virtual

8 horas

Docencia non presencial

0 horas

Prácticas en empresa

0 horas

Lugar de impartición
Campus de Vigo.

 

Horario

Desenvolverase os días 17 e 19 de febreiro de 16 a 20 horas.

 

 

Obxectivos

  • Mellorar as habilidades de comunicación verbal e non verbal, promovendo unha expresión clara, persuasiva e segura na aula.
  • Fortalecer a capacidade de estruturar ideas, manexar o ton e a dicción.
  • Conectar emocionalmente co alumnado.
  • Fomentar un ambiente educativo dinámico e efectivo.

 

Destinatarios

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

 

Idioma

Galego.

 

Criterios de selección

Por orde de preinscrición, considerando o persoal destinatario ao que vai dirixida a formación.

 

Metodoloxía

1) A importancia da oratoria na docencia:
– A conexión entre a oratoria e a pedagoxía.
– Principios básicos de comunicación efectiva.
– Barreiras de comunicación e como superalas.

2) A confianza escénica:
– Técnicas para superar o medo escénico.
– O uso da voz, a postura e a linguaxe corporal.
– A importancia do contacto visual.

3) As ferramentas de comunicación verbal e non verbal:
– O control do ton, volume e velocidade da voz.
– O uso estratéxico do silencio.
– A linguaxe corporal persuasiva.

4) O deseño de mensaxes claras e persuasivas:
–  Estruturas básicas dun discurso (introdución, desenvolvemento e conclusión).
– A técnica do “storytelling” aplicada ao ensino.
– O manexo de preguntas e a retroalimentación na aula.

 

Profesorado

Daniel Formoso Vérez

É avogado en exercicio. Ten un Mestrado en Perfeccionamento en Habilidades Profesionais e da Avogacía polo Instituto Superior de Dereito e Economía (ISDE). É Especialista en Oratoria e Comunicación con PNL e Intelixencia Emocional. Ten experiencia en impartición de cursos de oratoria e comunicación en diversos colexios de avogados/as e universidades.

 

Avaliación

  • Asistencia ao 80% de las sesiones presenciais.
  • Superación das actividades de aprendizaxe do curso.

 

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 21 días desde a súa finalización.