
Microcredenciales
Ámbito: Enxeñería informática e de sistemasCódigo: TCS:1172/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Ciencias
Inicio e fin
19/06/2025 – 22/07/2025
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
5.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Este curso integral e actualizado de Excel abarca dende os conceptos básicos, como a xestión de datos e o uso de fórmulas e funcións, ata ferramentas avanzadas como táboas dinámicas, análise de datos e cadros de mando interactivos. Inclúe o uso de Power Query para optimizar fluxos de traballo e a comparación práctica entre Excel e Power BI. Aprenderás a dominar funcións modernas como “ordenar”, “filtrar” e “agruparpor”, ademais de traballar con rangos dinámicos e fórmulas matriciais avanzadas. Deseñado para calquera nivel, este curso permitirache actualizar os teus coñecementos e aproveitar ao máximo o potencial de Excel para a toma de decisións.
Director/a:
Guillermo D. Rey González
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
guillermo.rey@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
29/05/2025 – 05/06/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
26/04/2025 – 09/06/2025
Colaboradores
Modalidade
Docencia presencial/virtual
46 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Plataforma de teleformación: moovi + CampusRemoto/Microsoft Teams
Horario
Luns, martes e xoves de 16.00 a 20.00 horas de forma virtual síncrona (en directo)
Días 23, 24, 26 de xuño y 3, 7, 8, 10, 14, 15, 17, 21 y 22 de xullo
Apertura de curso o xoves 19 de xuño de 18:00 a 20:00h.
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 365 € | 328.5 € | 310.25 € |
Observacións aos prezos
Obxectivos
Capacitar aos participantes no uso avanzado de Excel como ferramenta clave para a xestión e análise de datos, integrando funcións modernas, ferramentas avanzadas e fluxos de traballo optimizados para maximizar a eficiencia na toma de decisións.
Obxectivos específicos:
1. Dominar as bases de Excel: Comprender e aplicar conceptos esenciais como a xestión dedatos, fórmulas, funcións e formato avanzado de celas.
2. Traballar con ferramentas avanzadas: Aprender a crear e xestionar táboas dinámicas,segmentacións de datos e gráficos interactivos para a visualización eficaz da información.
3. Utilizar Power Query: Obter, transformar e cargar datos desde diversas fontes, optimizandofluxos de traballo e procesos repetitivos.
4. Explorar funcións modernas: Dominar funcións avanzadas como “ordenar”, “filtrar” e “agruparpor” e outras, utilizando rangos dinámicos e fórmulas matriciais para mellorar aeficiencia.
5. Comparar Excel e Power BI: Analizar as vantaxes, inconvenientes e usos ideais de ambasferramentas, aprendendo cando e como utilizalas en contornas de datos.
6. Crear cadros de mando interactivos: Deseñar dashboards funcionais que permitan unhavisualización clara e efectiva para a toma de decisións.
7. Manterse actualizado: Descubrir as últimas novidades de Excel e a súa aplicación enescenarios reais, asegurando o uso de metodoloxías modernas e prácticas.
Ao rematar o curso, os participantes estarán preparados para abordar calquera desafío relacionado coa análise e a xestión de datos utilizando Excel.
Destinatarios
Este curso está deseñado para profesionais, titulados universitarios e estudantado cun mínimo de 120 ECTS (ver condicións de acceso) interesados en potenciar as súas habilidades no manexo de Excel, independentemente do seu nivel previo.
Destinatarios ideais:
1. Analistas de datos e xestores: Profesionais que necesiten transformar datos en información estratéxica para a toma de decisións.
2. Profesionais de negocio: Traballadores en áreas como finanzas, mercadotecnia, loxística ouvendas, onde Excel sexa unha ferramenta fundamental.
3. Estudantes e recentemente titulados: Persoas que desexen adquirir competencias avanzadas en Excel para mellorar a súa empregabilidade.
4. Consultores e emprendedores: Profesionais que busquen optimizar os seus procesos edeseñar solucións baseadas en datos.
5. Investigadores e docentes: Académicos que necesiten integrar ferramentas avanzadas de análise nos seus proxectos e tarefas educativas. Recoméndase ter coñecementos básicos en Excel, aínda que non é imprescindible, xa que o curso abarca dende os fundamentos ata ferramentas avanzadas.
Saídas Profesionais
O curso prepara aos participantes para asumir roles clave na xestión de datos e a toma de decisiónsen diversos sectores.
1. Analista de datos: Transformar datos en coñecemento estratéxico mediante ferramentas avanzadas de Excel.
2. Xestor de reporting: Deseñar informes interactivos e automatizados adaptados ás necesidades da organización.
3. Especialista en Business Intelligence: Implementar solucións baseadas en Excel como parte de estratexias de intelixencia empresarial.
4. Consultor/a de datos: Ofrecer servizos de optimización de fluxos de traballo e análise en diversas empresas.
5. Docente ou investigador/a: Aplicar metodoloxías avanzadas de Excel en contornas educativas e proxectos académicos.
6. Emprendedor/a en tecnoloxía de datos: Deseñar e desenvolver solucións innovadoras con Excel como ferramenta principal. Este curso permite a os participantes destacar nun mercado laboral que demanda habilidades avanzadas no manexo de datos e a súa aplicación práctica.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
CE1 Análise de datos
CE2 Utilizar software de follas de cálculo
CE3 Xestionar datos
CE4 Utilizar programas informáticos específicos para a análise de datos
CE5 Manter o rendemento da base de datos
Competencias Transversais
CT1 Análise crítica de datos: Habilidade para interpretar e utilizar datos de forma estratéxica.
CT2 Resolución de problemas: Capacidade para deseñar e automatizar fluxos de traballoeficientes.
CT3 Comunicación efectiva: Presentar resultados de maneira clara mediante cadros demando e gráficos interactivos.
CT4 Adaptación tecnolóxica: Actualización constante no uso de ferramentas avanzadas deExcel.
CT5 Traballo colaborativo: Cooperar en proxectos de análise e xestión de datos.
Condicións de acceso
- Cumprir os requisitos de acceso ao título de mestrado propio
- Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES ou equivalente.
- Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES, que outorgue acceso a ensinos oficiais de posgraduado.
- Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
- Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, non homologado, pero que acredite un nivel equivalente a un título universitario de grao dentro do EEES e que faculte, no país de expedición do título, para o acceso aos ensinos de posgrao. Para iso, cómpre un informe favorable do servizo da Universidade de Vigo responsable da formación permanente e a autorización da dirección académica, todo iso en función do programa de estudos do título estranxeiro e da documentación académica achegada pola persoa solicitante. O devandito informe e a autorización non terán, en todo caso, efecto sobre posibles homologacións das titulacións presentadas polas persoas candidatas.
- Ser profesional con acreditación de experiencia laboral, sempre que estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.
Documentación requirida
1) Documento de identificación
2) Copia do título universitario ou certificado de estudos previos
3) CV e/ou vida laboral no caso de ter que acreditar experiencia profesional
Criterios de selección
1. Admisión de persoas en posesión dun título universitario ou ter superados un mínimo de 120 ECTS.
O criterio proposto é reservar un mínimo do 90 % das prazas, e dentro de este grupo admitir as persoas en función do seu expediente académico.
2. Profesionais de recoñecida e de acreditada experiencia laboral.
O criterio proposto é reservar un máximo do 10% das prazas, e dentro de este grupo admitir as persoas en función dos anos de antigüidade, sempre que a citada experiencia estea relacionada coas competencias inherentes ao título.
Metodoloxía
Módulo 3: ferramentas avanzadas de análise de datos en Excel (10 horas)
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200477 | Excel Avanzado y Análisis de Datos: De los Fundamentos a la Integración con Power BI | Obligatoria | 5.0 |
Profesorado
Guillermo D. Rey González
Avaliación
A avaliación do curso baséase nun enfoque continuo que combina a participación activa nas sesións, a realización de tarefas prácticas e a superación de probas de coñecementos adquiridos.
Os criterios de avaliación son os seguintes:
1. Asistencia obrigatoria: Os participantes deberán asistir a un mínimo do 80% das clases síncronas programadas, garantindo así o seguimento dos contidos e a interacción cos docentes.
2. Realización de tarefas propostas: Ao longo do curso proporanse actividades prácticas que permitirán ao estudantado aplicar os conceptos aprendidos en casos reais. A entrega e calidade destas tarefas será fundamental para avaliar o progreso no manexo de Power BI.
3. Test de coñecementos adquiridos: Os participantes deberán superar probas específicas deseñadas para avaliar a comprensión dos contidos teóricos e a capacidade de aplicalos na práctica.
A superación destes requisitos será indispensable para obter a certificación do curso, asegurando que os participantes adquiriron as competencias necesarias para empregar Power BI de maneira efectiva e estratéxica. A presentación do traballo final coincidirá coa última data do curso. A segunda oportunidade terá lugar unha semana despois de terminada a formación.
Titulación
Microcredencial Universitaria en Excel avanzado e análisis de datos: de los fundamentos a la Integración con Power BI.

