
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1191/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
06/06/2025 – 27/06/2025
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Esta formación “A docencia que reconecta” mobiliza os nosos recursos persoais, metodolóxicos e institucionais para o desenvolvemento da docencia Universitaria en liña coa Axenda 2030.
O curso é impartido por ONGAWA unha ONGD que ten como misión pór a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano para construír unha sociedade máis xusta e solidaria. Ongawa nace como organización en 1991na Universidade Politécnica de Madrid.
É unha formación en modalidade teleformación con 4 sesións síncronas participativas nas que se require intervención das persoas participantes. As sesións síncronas terán lugar todos os venres laborables de xuño, 6, 13, 20 y 27, de 9.30 a 12:00.
Está organizado pola Área de Equidade e Cooperación e a Vicerreitoría de Extensión Universitaria.
Director/a:
Matilde Jiménez Rivero
Teléfono contacto:
986 130 304, 986 130 261
Email contacto:
direc.equidade@uvigo.gal; cpfp@uvigo.gal, matilde.jimenez@ongawa.org
Entidade organizadora:
Centro de Posgrao e Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
14/05/2025 – 01/06/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
02/06/2025 – 04/06/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
10 horas
Docencia non presencial
10 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Teleformación
Horario
Bloque 1: Conexión co propósito da educación.6 de xuño 9.30-12.
Bloque 2: Conexión da Universidade co territorio. 13 de xuño 9.30-12.00
Bloque 3: Conexión co alumnado. 20 xuño 9.30-12:00
Bloque 4. Conexión co mundo na era da IA. 27 de xuño 9.30-12:00
Obxectivos
Fortalecer a capacidade do PDI para vincular o seu labor coa sustentabilidade e a transformación social da súa contorna dende un compromiso solidario en liña cos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030.
Contribuír á construción dun currículo educativo sostible en liña coa Axenda 2030, as normativas de aplicación universitaria e o plan estratéxico.
Destinatarios
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Condicións de acceso
Profesorado da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico.
Orde de inscrición.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Metodoloxía
- Bloque 1: Conexión co propósito da educación.6 de xuño 9.30-12.00
- Bloque 2: Conexión da Universidade co territorio. 13 de xuño 9.30-12.00
- Bloque 3: Conexión co alumnado . 20 xuño 9.30-12:00
- Bloque 4. Conexión co mundo na era da IA. 27 de xuño 9.30-12:00
Profesorado
Avaliación
Asistencia ao 80 % das partes presenciais e virtuais síncronas.
Nas partes virtuais síncronas as persoas participantes teñen que ter preparada a cámara e o micrófono para poder intervir na formación.
Entrega das tarefas requiridas no apartado desenvolvemento e asistir a unha titoría enliña.
