
Programas de formación permanente do profesorado
Ámbito: InterdisciplinarCódigo: TCS:1195/1
Área de interese principal: Transversal | Área de interese secundaria: Transversal
Inicio e fin
16/06/2025 – 07/07/2025
Modalidade
Semipresencial
Créditos ECTS
0.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Neste obradoiro aprenderás a poñer en práctica metodoloxías de aprendizaxe inductiva e aula invertida incorporando actividades con ferramentas de intelixencia artificial (IA) xenerativa.
Director/a:
Alfredo Prieto Martín
Teléfono contacto:
986 130 304
Email contacto:
alfredo.prieto@uah.es, cpfp@uvigo.gal
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
06/06/2025 – 12/06/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
10/06/2025 – 15/06/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
12 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
on line
Horario
Obxectivos
– Definir as distintas estratexias para mellorar a aprendizaxe do estudantado a través da formación continua e o desenvolvemento profesional docente do profesorado universitario: o ensino académico (scholarly teaching, ST), o profesionalismo académico no ensino e a aprendizaxe (scholarship of teaching and learning, SoTL), o estudo de leccións (study lesson, yugyou kenkyu) e os ciclos de mellora na aula (CIMA).
– Aplicar estratexias para que o estudantado poida utilizar as ferramentas de intelixencia artificial de maneira creativa e crítica en procesos de indagación e de preparación para as clases presenciais.
– Describir os beneficios do ensino centrado no alumnado e a aula invertida adaptativa.- Definir as principais accións do estudantado que aprende e idear maneiras para lograr que a maioría do alumnado as aprenda.
– Distinguir as semellanzas e diferenzas entre distintos métodos de fomento de estudo previo á clase e aprendizaxe activa na aula.- Incorporar elementos de gamificación para aumentar a motivación e favorecer a implicación do alumnado.
– Crear propostas de ensino centrado no estudantado, aprendizaxe por medio da indagación e aula inversa adaptativa para as materias que imparten incorporando ao seu deseño o uso crítico e creativo de ferramentas de intelixencia artificial e indagación bibliográfica.
– Utilizar ferramentas de AI (ChatGPT/Copilot e Bard/Gemini) como ferramentas de apoio tecnolóxico ao modelo de aprendizaxe por medio da indagación.
Destinatarios
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Condicións de acceso
Profesorado da Universidade de Vigo.
Criterios de selección
Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste curso académico. Orde de inscrición.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Metodoloxía
– Profesionalismo académico no ensino universitario e as distintas estratexias para alcanzalo (scholarly teaching, SoTL, ciclos de mellora na aula e jugyou kenkyu).
– Como lograr que o alumnado use as ferramentas de intelixencia artificial (IA)(chatGPT/Copilot e Bard/Gemini) de maneira creativa e crítica en procesos de aprendizaxe por medio da indagación?
– Metodoloxías de aprendizaxe baseada na indagación: indagación estruturada, indagación guiada e indagación libre. Pedir ao alumnado que xere respostas ou solucións a novos problemas (axudándose das ferramentas de IA).
– IA en estratexias de aprendizaxe enmarcadas en resolución de problemas antes da instrución segundo o modelo do fracaso produtivo.
– Estratexias para o uso de ferramentas de IA (ChatGPT/Copilot e Bard/Gemini) en actividades que utilizan os distintos tipos de indagación.
– Prompt engineering ou como ensinar ao noso estudantado a preguntar ás ferramentas de intelixencia artificial para a xeración de textos co fin de explorar novos problemas e xerar solucións tentativas que posteriormente serán sometidas a un proceso de crítica e mellora.
– Discusión socrática a partir das respostas xeradas polas ferramentas de intelixencia artificial xenerativa.
– App de ferramentas de IA funcionais en contextos de ensino universitario e aula invertida.
– Ensino centrado no estudantado e as metodoloxías para poñelo en práctica.
– Ensino baseado na evidencia.
– A aula invertida adaptativa como contexto que fomenta a incorporación da aprendizaxe activa en clases presenciais e sesións sincrónicas en liña.
– Fomento do estudo preparatorio, da indagación con ferramentas de procura bibliográfica e de ferramentas de intelixencia artificial mediante cuestionarios e actividades de preparación e avaliación formativa asincrónicas.
– Uso de ferramentas tecnolóxicas para a realización de cuestionarios e de resposta da audiencia para a posta en común de ideas.
– Como incorporar tarefas para que o alumnado indague e use a IA para preparar discusións nun contexto de aula invertida.
– Como documentar, avaliar e difundir con rigor académico o impacto das nosas intervencións educativas.
Profesorado
Alfredo Prieto Martín
David Díaz Martín
Avaliación
Asistencia ao 80 % das partes presenciais e virtuais síncronas.
Nas partes virtuais síncronas as persoas participantes teñen que ter preparada a cámara e o micrófono para poder intervir na formación.
Entrega das tarefas requiridas no apartado desenvolvemento do e asistir a unha titoría enliña.
