
Microcredenciales
Ámbito: Enxeñería informática e de sistemasCódigo: TCS:1218/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Ciencias
Inicio e fin
03/02/2026 – 05/03/2026
Modalidade
Virtual
Créditos ECTS
5.0 ECTS
Estado
Finalizado
Descrición
Este curso pretende introducir aos estudantes na programación con Python, cubrindo conceptos básicos e intermedios. O seu enfoque é fundamentalmente aplicado: non se limita á aprendizaxe da sintaxe da linguaxe, senón que busca capacitar ao alumnado no uso das ferramentas esenciais para a análise de datos.
Ao longo do curso traballarase con bibliotecas amplamente utilizadas no ámbito científico e profesional, como NumPy, pandas, matplotlib e seaborn.
Director/a:
Antonio Fernández Álvarez
Teléfono contacto:
986 130 304
Email contacto:
antfdez@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición pechada
03/09/2025 – 08/01/2026
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula pechada
01/12/2025 – 12/01/2026
Modalidade
Docencia presencial/virtual
42 horas
Docencia non presencial
0 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
Campus Remoto e MooVi
Horario
3, 4, 5, 10, 11, 12, 18, 19, 24, 25 e 26 de febreiro e 3, 4 e 5 de marzo de 16:00 a 19:00
Prezos
| Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
|---|---|---|
| 375 € | 337.5 € | 318.75 € |
Observacións aos prezos
As persoas en situación de desemprego ou discapacidade recoñecida poderán solicitar o prezo reducido da comunidade universitaria no momento da matrícula.
Esta microcredencial, está inscrita no Programa “Becas Santander – Microcredenciales 2025, 3 edición”, e poderás acceder a unha das bolsas de 300 euros dispoñibles para esta edición.
A convocatoria de bolsas será xestionada pola Universidade de Vigo. Ver convocatoria CONVOCATORIA PECHADA
Enlace directo inscrición: Santander Open Academy
Obxectivos
O curso ten como finalidade brindar unha formación introdutoria e práctica en programación con Python, orientada a quen desexe iniciarse nesta linguaxe e aplicalo á análise de datos. Abordaranse desde os conceptos esenciais da programación ata o uso de bibliotecas especializadas como NumPy e pandas, co obxectivo de dotar ao estudante de ferramentas para procesar e explorar conxuntos de datos de forma eficiente.Ademais, traballarase a capacidade de deseñar solucións mediante código limpo e estruturado, así como a elaboración de visualizacións informativas con matplotlib e seaborn que faciliten a interpretación e comunicación dos resultados.
Destinatarios
Non se require titulación universitaria nin coñecementos previos de programación. O curso está dirixido aos seguintes perfís:
Graduados universitarios (titulados ou estudantes de último curso) que desexen adquirir competencias en programación con Python e ciencia de datos para mellorar a súa empregabilidade.
Investigadores e docentes que deban analizar datos con Python no desenvolvemento das súas actividades académicas.
Profesionais que necesiten extraer información de conxuntos de datos para aplicala na optimización de procesos, o deseño de solucións ou a toma de decisións.
Saídas Profesionais
Sector tecnolóxico e desenvolvemento de software.
Análise de datos en empresas e institucións.
Investigación académica e científica.
Educación e formación en competencias dixitais. Consultoría e soporte en transformación dixital.
Idioma
Castelán
Competencias Específicas
Desenvolver scripts con Python que resolvan problemas de análise de datos.Utilizar bibliotecas como NumPy e pandas para manipular, transformar e analizar conxuntos de datos.
Crear visualizacións informativas con matplotlib e seaborn para representar datos de forma clara e efectiva.
Competencias Transversais
Pensamento analítico
Resolución de problemas
Comunicación efectiva
Aprendizaxe autónoma
Condicións de acceso
Documentación requirida:
1) Documento de identificación
2) Curriculum Vitae
Criterios de selección
Orde de preinscrición 100%
Metodoloxía
Materias
| id | nome | caracter | créditos |
|---|---|---|---|
| 200566 | Python para el análisis de datos | Obligatoria | 5.0 |
Profesorado
Antonio Fernández Álvarez
Avaliación
A avaliación continua con realización de diversas tarefas semanais. Os estudantes que non superen a avaliación continua poderán someterse a unha avaliación final cando remate o período de docencia
Cuestionarios (25%)
Problemas de programación (45%)
Proxecto final (30%)
Titulación
Microcredencial Universitaria Python para a análise de datos
